Hadrián I, papa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa historia dos papas de Roma é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outras biografías papais que precisan de revisión e nas que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| Papas do século VIII |
|
|---|---|
|
|
| Antipapas |
|
|
|
|
|
| Nome | Descoñecido |
| Comenzo do papado | 9 de febreiro de 772 |
| Fin do papado | 25 de decembro de 795 |
| Predecesor | Estevo IV |
| Sucesor | León III |
| Data de nacemento | Descoñecida |
| Lugar de nacemento | Roma (Italia) |
| Data da morte | 25 de decembro de 795 |
| Lugar da morte | Roma (Italia |
| Papa nº | 95 |
Hadrián I. (* Roma, (?) - 25 de decembro de 795). Papa da Igrexa católica de 772 a 795.
O seu pontificado, un dos máis longos da historia, iníciase tendo que facer fronte á invasión do rei longobardo Desiderio, para o que pediu, como o seu antecesor Estevo IV, axuda ao rei dos francos, o recentemente coroado Carlomagno.
Carlomagno, á fronte dun poderoso exército, entra en Italia en 773 e dirixiuse a Roma onde, en abril de 774, recoñeceu as doazóns territoriais que o seu pai, Pipino o Breve, realizara ao papado. A continuación dirixiuse a Pavía, a capital longobarda, que é tomada en xuño de 774 o que permite a Carlomagno enviar ao exilio, de Corbie (Francia), a Desiderio e autoproclamarse rei dos longobardos.
Durante o seu pontificado, Irene, nai do emperador Constantino VI convocou o Sétimo Concilio Ecuménico que se celebrou en Nicea en 787 e que baixo a presidencia dos legados papais restableceu o culto da imaxes condenando a iconoclasia e excomungando aos seus seguidores, co que se puxo fin á primeira crise iconoclasta inciada polo emperador León III o Isaurico no 726.
Faleceu, logo de máis de vinte e tres anos de papado, o 25 de decembro de 795, sendo enterrado na Basílica de San Pedro.