Constantino VI

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Constantino VI, nado en 771 e finado en 797, sucedeu ao seu pai León IV como emperador bizantino á idade de nove anos en 780, e foi emperador baixo a rexencia da súa nai iconódula, a emperatriz Irene.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 787, Irene aliouse con Carlomagno coa intención de casar a Constantino con Rotrud, a filla deste; pero o plan non funcionou. Posteriormente ela casaría ao seu fillo coa filla dun nobre de menor rango.

Constantino tiña 16 anos en 787 e Irene deberíalle ter cedido o poder entón, pero este non se fixo co poder total ata 790, cando os armenios do exército se rebelaron contra Irene. Ela mantería de todos os xeitos o título de emperatriz, aínda que Constantino tivo que derrotar aos armenios para que a aceptasen como emperatriz: esta sería a súa primeira vitoria logo das desastrosas derrotas ante os búlgaros.

Tamén tivo que reprimir unha revolta liderada polo seu irmán Nicéforo, que fora obrigado a entrar nun mosteiro para evitar que puidese ser elixido emperador. Logo de todo isto, divorciouse da súa muller María (á que aborrecía pese á súa beleza, por ser escollida pola súa nai Irene), a cal lle deu unha filla, e volveu a casar con Teodota (unha cabicularia ou dama de honor de Irene), un feito impopular e posibelmente ilegal, aínda que o patriarca San Tarasio permitiu dita actuación. En 797 tivo lugar outra rebelión, dirixida por persoas que apoiaban a Irene coa aprobación desta. Constantino foi feito prisioneiro e cegado, deixando a Irene co dominio total sobre o Imperio.

O final de Constantino non esta totalmente claro: segundo algúns, morreu inmediatamente a consecuencia da bárbara mutilación que sufriu; mentres que outros din que se retirara a unha vida totalmente privada, xunto a Teodota, para logo ser desterrado á Illa dos Príncipes, onde foi sepultado á beira da súa primeira esposa, María.

Durante o posterior reinado de Miguel II, aparecerían algúns pretendentes ao trono que reivindicaban ser o propio Constantino VI.


Imperio Bizantino

Segue a:
León IV
Constantino VI
Precede a:
Irene
Dinastía Isáurica