Desiderio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Desiderio de Lombardía (nace sobre 710 – morre máis ou menos en 774), duque longobardo de Tuscia, cualificado igualmente por veces como «duque de Istria», é o derradeiro rei dos longobardos de Italia (757774). 752-756. Aistolfo, rei dos longobardos, morreu sen fillos, Desiderio xunta un axército e forza a Ratchis, irmán de Aistolfo, a lle ceder os seus dereitos, 757. Logo ataca ao Papa Estevo II; pero foi rexeitado por Pipino o Breve. En 770, entrega a súa filla a Carlomagno esperando ter nese príncipe un aliado seguro; pero desde o ano seguinte, tivo que soportar o ver á súa filla repudiada, e en 773 os seus propios estados foron invadidos polo seu xenro, ao que chamara o Papa Adrián I, ameazado polos longobardos. Vencido polos francos de Carlomagno, cercado e preso en Pavía, capital longobarda, capitula en marzo de 774 antes de ser enviado ao mosteiro de Corbia (Picardía actual) ou de Liexa ata o fin dos seus días, se cadra sobre 786.

Xenealoxía[editar | editar a fonte]

Desiderio de Lombardía, casa con Ansia (ou Ansa)

  │
  ├─ Gerberga 
  │  casa en 768 con Carlomán I (cf. Carolinxios)
  │
  ├─ «Desiderada»: repudiada por Carlomagno antes de 771
  │  casa en 770 con Carlomagno (cf. Carolinxios)
  │
  ├─ Adelchis († 788): expulsado de Italia por Carlomagno en 774 ou 775, refúxiase en Bizancio.
  │  
  |_ Liutberga de Lombardía. 
     Casa con Tasilon III de Baviera (cf. Agilolfing)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Reino longobardo

Segue a:
Ratchis
Desiderio
Precede a:
Conquista carolinxia