Vamba
| Este artigo ou sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros de texto ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Vamba ou Wamba, finado no ano 687, foi un rei visigodo que reinou entre os anos 672 e 680.
Traxectoria [editar]
A morte de Recesvinto levou á nobreza a proclamalo rei, a pesar de rexeitar o nomeamento debido á súa avanzada idade. Vamba foi forzado pola nobreza a aceptar o trono na localidade de Gérticos, despois chamada Wamba (situada na actual provincia de Valladolid, a 19 kms da capital) en honra de Vamba.
Por iniciativa propia esixiu ser coroado en Toledo o 20 de outubro de 672.
Foi o último rei que deu esplendor aos visigodos. Coa súa morte comeza a decadencia. O seu reinado non foi fácil, pois o pasou case enteiramente sufocando as loitas internas da nobreza contra a monarquía, os nobres entre si, os católicos contra os arrianos e a poboación hispanorromana contra os visigodos. Ademais tivo que sufocar unha rebelión dos vascóns, e no 672 houbo de enfrontarse a un novo e descoñecido perigo: a invasión de norafricanos ou árabes, que tentaron pasar á Península por Algeciras, intento que foi rexeitado polos visigodos.
Crese que o metropolitano de Toledo, Xiao II, interveu na conxura que acabou co poder do rei Vamba. O rei foi enganado e narcotizado e unha vez nese estado, tonsurárono, vestírono cun hábito de monxe e obrigárono a renunciar á coroa no ano 680.
Durante o seu reinado celebrouse o terceiro concilio de Braga.
| Predecesor: Recesvinto |
Rei dos visigodos 672-680 |
Sucesor: Ervixio |