Monte Medulio
O Monte Medulio é o lugar onde se celebrou a batalla dos galaicos, cántabros e astures no ano 22 adC. contra as lexións de Caio Furnio e Publio Carisio, e onde os últimos guerreiros resistentes suicidáronse durante o sitio.
Índice |
[editar] Historia
A súa situación xeográfica hoxe en día é aínda controvertida. Segundo algúns se sitúa nas montañas do concello de Lena[1], outros o sitúan no Picu Cervera, no Castro Meduales, en Belmonte de Miranda[2]. Aduciuse que fontes clásicas sitúano preto de O Bierzo[3], preto das minas romanas das Médulas, o cal explicaría a toponimia do lugar. Con todo, Paulo Orosio sitúabao cerca do Miño ("Minium flumine inminentem"), o que leva a Vicente Risco a descartar esta localización, que considera unha xustificación previa á teoría de Sarmiento relativa a que o antigo Miño era o Sil, o cal considera pouco probable en favor doutras posibles localizacións como o Monte Medelo, en Santa Cruz de Arrabaldo (sostido por Boán e que tamén conta co argumento da toponimia ao seu favor); Cabeza de Meda (na Baixa Limia, e sostido por Cortés, Cornide e Murguía), os Montes Aloia (en Tui) ou Santa Tegra, na Guarda (sostido por Schulten)[4].
Modernos estudos establecen unha hipótese que o situaría nun dos Montes da Serra do Courel, o Monte Cido, cuxo topónimo podería provir da voz latina Occidio, (matanza, carnizaría), e no que se poden apreciar os restos dun foso como o que, segundo os datos de que se dispón, fíxose para cercar o monte, e no que se descubriron vestixios romanos como un aguia imperial de bronce procedente dun estandarte.[5].
Segundo cita o historiador romano Floro sobre a batalla:
Segundo o Padre Sarmiento e Vicente Risco, uns inxeriron o veleno do teixo, mentres que outros se botaron ao lume dunha inmensa fogueira e outros se deron morte coas súas espadas. Ramón Cabanillas escribiría no seu poema "¡En pé!", pertencente ao seu poemario de 1917 "Dá terra asoballada":
- "O día do Medulio
- con sangue quente e roxa
- mercámo-lo dereito
- á libre honrada chouza!"
-
- (Ramón Cabanillas, "¡En pé!", 1917
[editar] Notas
- ↑ Menéndez Pidal (1897), Caunedo Tuñón e Quirós
- ↑ Testamento baixomedieval atopado na catedral de Oviedo
- ↑ Bellum Cantabricum et Asturicum
- ↑ Historia de Galicia, Vicente Risco, Obras completas, tomo IV, pag. 265, ISBN 84-453-1487-4
- ↑ Traballo que apunta a hipótesis da localización do Medulio no Courel
- ↑ A monarquía asturiana. Editorial prensa asturiana, páxina 23
[editar] Véxase tamén
[editar] Bibliografía
- Schulten,Adolf (2000), Los Cántabros y Astures y su guerra con Roma., Santander.
- Sanchez Albornoz, Claudio (2001), El Reino de Asturias. Origenes de la nación española., Oviedo.