Iñaki Sáez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Iñaki Sáez
Información persoal
Nome completo José Ignacio Sáez Ruiz
Nacemento 23 de abril de 1943 (70 anos)
Lugar Bilbao, España
Posición Defensa
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1958–1961 San Vicente
1961–1962 Barakaldo
1962–1974 Athletic Club 263 (7)
Selección nacional
1968 España 3 (0)
Adestrador
1975–1980 Athletic Club (xuvenís)
1980–1981 Athletic Club
1982–1986 Bilbao Athletic
1985–1986 Athletic Club
1988–1991 Bilbao Athletic
1990–1992 Athletic Club
1993–1994 Las Palmas
1995 Las Palmas
1995–1996 Albacete
1996–2002 España sub-21
2002–2004 España
2004–2008 España sub-21
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

José Ignacio Sáez Ruiz, coñecido como Iñaki Sáez, nado en Bilbao o 23 de abril de 1943, é un ex futbolista español e adestrador de fútbol. Xogaba de defensa e actualmente é o asesor técnico do Athletic Club. Durante a súa carreira como técnico foi seleccionador de España, tanto das súas categorías inferiores como da selección absoluta.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como futbolista[editar | editar a fonte]

Iñaki Sáez comezou a súa traxectoria como futbolista na Unión Sport de San Vicente de onde pasou ao Barakaldo. En 1962 ficha polo Athletic Club, onde destaca como defensa. Ata que se retirou en 1974, xogou douscentos sesenta e dous partidos en liga e marcou sete goles co equipo vasco. Ademais gañou dúas copas do Xeneralísimo nas tempadas 1968-69, e a de 1973-74. En 1968 xogou a Eurocopa coa selección española.

Como adestrador[editar | editar a fonte]

Estivo ligado a maior parte da súa primeira época ao Athletic Club, aínda que a maior parte das veces actuou como adestrador das categorías inferiores, ou como técnico da casa para substituir aos adestradores do primeiro equipo cando eran cesados.

Os seus maiores éxitos chegaron coa selección española Sub-21, coa que gañou varios títulos; o cal levoulle a dirixir ao primeiro equipo da selección nacional durante dous anos, para posteriormente volver á categoría sub-21.

En 2008 anunciou a súa retirada dos bancos, sendo substituído no cargo de seleccionador Sub-21 por Juan Ramón López Caro.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Como futbolista[editar | editar a fonte]

Como adestrador[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
José Antonio Camacho
Adestrador da Selección de fútbol de España
20022004
Sucesor:
Luis Aragonés