Fernando Hierro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fernando Hierro
Información persoal
Nome Fernando Ruiz Hierro
Nacemento 23 de marzo de 1968 (56 anos)
Lugar de nacemento Vélez-Málaga
Altura 1,88 m.
Posición Defensa / Centrocampista
Carreira xuvenil
1980–1984 Vélez-Málaga
1984 Málaga
1985–1987 Vélez-Málaga
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1987–1989 Valladolid 58 (3)
1989–2003 Real Madrid 439 (102)
2003–2004 Al Rayyan 19 (3)
2004–2005 Bolton Wanderers 29 (1)
Total 545 (109)
Selección nacional
1989–1990 España sub-21 5 (2)
1989–2002 España 89 (29)
Adestrador
2014–2015 Real Madrid (asistente)
2016–2017 Oviedo
Na rede
FIFA: 174605 UEFA: 5678 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Fernando Ruiz Hierro, nado en Vélez-Málaga o 23 de marzo de 1968, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol español. Xogaba principalmente como defensa central e centrocampista defensivo, aínda que tamén desempeñou a posición de mediapunta.

Foi considerado no seu momento como un dos mellores defensores europeos. Na actualidade desempeña o cargo de Director Deportivo da Selección Española de fútbol.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse na canteira do Vélez CF e foi rexeitado polo CD Málaga. Debutou en primeira división co Valladolid o 4 de outubro de 1987, nun Real Valladolid-RCD Espanyol, e en 1989, apenas un mes logo de xogar a final da Copa do Rei contra o Real Madrid, foi fichado por este último.

No conxunto madridista foi utilizado inicialmente por adestradores como Radomir Antić no posto de mediocentro, aínda que debido á ausencia de centrais de confianza en persoal tamén desempeñou ese papel con frecuencia. O técnico Jorge Valdano situouno definitivamente como central na tempada 1994/1995. Primeiro xunto a Manolo Sanchís e posteriormente con Rafael Alkorta formou parte de dous das mellores parellas de centrais da historia branca. Tras a retirada de Sanchís en 2001, Hierro converteuse no capitán do equipo. Ao longo dos seus 14 tempadas no Madrid gañou un importante número de títulos, entre eles 5 Ligas e 3 Copas de Europa.

Tras abandonar o Real Madrid en 2003, xogou no Al-Rayyan qatarí, e na tempada 2004/05 volveu ao fútbol europeo co Bolton Wanderers inglés do seu antigo compañeiro Iván Campo. O 9 de maio de 2005 anunciou a súa retirada do fútbol profesional ao termo da liga.

Desde o verán de 2007 exerce de Director Deportivo da Real Federación Española de Fútbol.

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Foi internacional 89 veces. Debutou o 20 de setembro de 1989, nun amigable contra Polonia, e é o terceiro goleador histórico da selección española, con 29 goles, logo de Raúl (44 goles en 102 partidos) e Villa. Tamén foi durante anos o capitán da selección.

Retirouse da súa selección despois do Mundial de Corea e o Xapón 2002 no cal foi elixido no once ideal do torneo. Disputou os mundiais de 1990 (aínda que non chegou a xogar), 1994, 1998 e 2002, e as Eurocopas de 1996 e 2000.

Tras a súa retirada como futbolista, en setembro de 2007 é nomeado director deportivo da Selección Española, cargo que depende da RFEF.

Goles en Copas do Mundo[editar | editar a fonte]

Día Lugar Opoñente Marcador Resultado Competición
1 2 de xullo de 1994 Robert F. Kennedy Memorial Stadium,
Washington, D.C., Estados Unidos
Suíza Suíza 1–0 3–0 Mundial 1994
2 13 de xuño de 1998 Stade de la Beaujoire,
Nantes, Francia
Nixeria Nixeria 1–0 2–3 Mundial 1998
3 24 de xuño de 1998 Stade Félix Bollaert,
Lens, Francia
Bulgaria Bulgaria 1–0 6–1 Mundial 1998
4 2 de xuño de 2002 Estadio Guus Hiddink,
Gwangju, Corea do Sur
Eslovenia Eslovenia 3–1 3–1 Mundial 2002
5 7 de xuño de 2002 Estadio Mundialista de Jeonju,
Jeonju, Corea do Sur
Paraguai Paraguai 3–1 3–1 Mundial 2002

Palmarés[editar | editar a fonte]

Campionatos nacionais[editar | editar a fonte]

Campionatos internacionais[editar | editar a fonte]

Distincións individuais[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]