Abu Dabi - ابوظبي

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Abu Dabi")
Abu Dabi
Flag of Abu Dhabi.svg
Bandeira
Mapa
MapEmirateAbuDhabi.PNG
Información
País Emiratos Árabes Unidos
Emirato Abu Dabi
Superficie 67.340 km²
Poboación 945.268 hab.
Densidade 293,94 hab./km²
Emir Khalifa bin Zayed Al Nahayan
AbuDhabi05.JPG
Abu Dabi Turismo

Abu Dabi (ابوظبي) é unha cidade dos Emiratos Árabes Unidos, capital do país e do Emirato de Abu Dabi. Fundada en 1760 é a capital do emirato dende 1793.

Conta con 945.268 habitantes, sendo a segunda cidade do país tras Dubai. Construída sobre unha illa, no sueste do Golfo Pérsico, comunícase con terra por unha ponte. Máis do 80% da poboación son forasteiros que residen temporalmente.

Ata 1960 era unha cidade sen luz eléctrica nin outros servizos esenciais, pero o descubrimento de petróleo no emirato mudou rapidamente as circunstancias e Abu Dabi converteuse nunha metrópole moderna. Actualmente Abu Dabi é unha cidade moderna de grandes rañaceos e dispón dun aeroporto internacional a 25 km ó sueste. É considerada a cidade máis rica do mundo, cunha renda per cápita de 30.000 dólares.


Galería de imaxes [editar]


Véxase tamén [editar]