Buenaventura Durruti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Buenaventura Durruti
Durruti-portrait.png
Buenavenura Durruti
{{{cargoexecutivo1}}}
Período: {{{periodo1}}}
Antecesor: {{{antecesor1}}}
Sucesor: {{{sucesor1}}}
Chanceler: {{{chanceler1}}}
Monarca: {{{monarca1}}}
{{{cargoexecutivo2}}}
Período: {{{periodo2}}}
Antecesor: {{{antecesor2}}}
Sucesor: {{{sucesor2}}}
{{{cargoexecutivo3}}}
Período: {{{periodo3}}}
Antecesor: {{{antecesor3}}}
Sucesor: {{{sucesor3}}}
{{{cargoexecutivo4}}}
Período: {{{periodo4}}}
Antecesor: {{{antecesor4}}}
Sucesor: {{{sucesor4}}}
Datos persoais
Nacemento: 14 de xullo de 1896
Lugar: León, España
Falecemento: 20 de novembro de 1936
Lugar: Madrid, España
Organización: CNT (anteriormente UXT)
Afiliacións: {{{afiliacións}}}
Cónxuxe: {{{cónxuxe}}}
Parella: {{{parella}}}
Fillos: {{{fillos}}}
Parentes: {{{parentes}}}
Residencia: {{{residencia}}}
Cargo(s):
Alma mater: {{{almamater}}}
Profesión: Sindicalista
Relixión: {{{relixión}}}
Premios: {{{premios}}}
{{{sinatura}}}
{{{web}}}

Buenaventura Durruti Dumange, nado en León o 14 de xullo de 1896 e falecido en Madrid o 20 de novembro de 1936, foi un sindicalista e revolucionario anarquista español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Orixes e primeiros anos[editar | editar a fonte]

Naceu en León, no barrio de Santa Ana, fillo dun obreiro afiliado ó sindicato socialista UXT. Era mecánico-axustador, traballou no sector ferroviario e nos lavadoiros das minas en Matallana de Torio, onde contactou cos mineiros asturianos. Participou na folga xeral revolucionaria de 1917 como militante da UXT, da que sería expulsado por defender posicións revolucionarias. Trasladouse en 1920 a Barcelona, onde se afiliou á Confederación Nacional do Traballo.

Atracos e folgas[editar | editar a fonte]

En 1922 formou, xunto con Joan García Oliver e Francisco Ascaso, o grupo "Los Solidarios", co que perpetrou un atraco ó Banco de España de Xixón en 1923, e ó que se lle imputou, un ano despois, o asasinato do cardeal Juan Soldevila iyRomero, un dos principais financeiros en Aragón dos comandos de pistoleiros blancos da patronal, que asasinaban a militantes obreiros destacados.

Tivo que fuxir a Arxentina e logo a Chile, onde xunto a compañeiros anarquistas leva a cabo o primeiro asalto nese país. O atraco é produto dunha campaña para xuntar recursos para liberar a compañeiros que se encontraban en cárceres españolas. Continuou logo o seu paso por outros países latinoamericanos e europeos.

En 1931 volveu a España, e integrouse no sector próximo á Federación Anarquista Ibérica da CNT (partidaria da loita contra o Estado e de exercer unha irresistíbel presión folguista sobor os gobernos que levara canto antes á revolución social) e tomou parte nas insurreccións de 1932 (levouse a cabo en xaneiro na conca dos ríos Llobregat e Cardener. A insurrección reprimiuse en 3 días, e tódolos mineiros foron despedidos) e de 1933.

Guerra Civil Española[editar | editar a fonte]

Nos comezos da Guerra Civil en 1936 foi un dos principais protagonistas dos sucesos revolucionarios de xullo, formando parte o grupo "Nosotros" (sucesores de "Los Solidarios") da dirección da defensa da cidade de Barcelona, na que faleceu o seu compañeiro de toda a vida Francisco Ascaso por un disparo procedente do bando nacional. O 20 de xullo, xa derrotado o alzamento en Barcelona e sendo a CNT quen controlaba a situación, sobre todo tras apoderarse do parque de Artillería de San Andrés, os seus principais dirixentes tiveron unha entrevista co presidente da Generalitat catalá, Lluís Companys. Nunha segunda entrevista ó día seguinte, despois do pleno de Federacións locais da CNT, Durruti xunto con outros principais dirixentes da CNT propuxeron nomear un Comité Central de Milicias Antifascistas de Cataluña, sendo aceptado polas restantes organizacións. Este comité (formado por libertarios, republicanos nacionalistas e marxistas) converteuse no verdadeiro poder en Cataluña, ratificando a Generalitat posteriormente o que se decidía. Cansado das disputas internas e o desgaste debido ó feito de encontrarse nunha guerra civil, do Comité de Milicias Antifasciastas (da cal era xefe do departamento de transportes), decidiu pasar á fronte co bando republicano, empezando por liberar dos nacionais Zaragoza, tras Barcelona, outro gran núcleo urbano anarquista. Formouse entón a famosa Columna Durruti, que tomou rumbo a Zaragoza.

Á columna negóuselle a subministración de armas, artillería e demais recursos por parte dos axentes comunistas, polo que tivo que limitarse a tomar tódalas vilas por onde pasaba. Nelas os campesiños víanse libres para facer a revolución: os terratenentes eran expropiados das súas terras, que eran colectivizadas, abolíase a propiedade privada e instaurábase o comunismo libertario.

En novembro daquel ano marchou a Madrid ca súa columna a conter a ofensiva das tropas sublevadas (batalla de Madrid).

Cando se encontraba nas proximidades do Hospital Clínico de Madrid (ocupado polos sublevados) foi ferido mortalmente por un disparo de procedencia pouco clara, existindo diversas hipóteses sobre a orixe da bala que o feriu. Mentres algunhas versións afirman que foi disparada accidentalmente polo seu propio "laranxeiro" (versión española do subfusil Schmeisser MP28 II), outras apuntan a que puido ser asasinado por axentes estalinistas. A versión do accidente é bastante verosímil, pois o citado modelo de subfusil carecía de seguro e podía disparse por un simple golpe da culata contra o chan. Joan García Oliver, compañeiro de Durruti desde os tiempos dos solidarios, e que foi a persoa que acompañou a Durruti á fronte de Madrid e que o acompañou de regreso a Barcelona, morto, explica no seu libro biográfico "El Eco de los Pasos" que nunca quixo crer esa versión, pois Durruti nunca na súa vida usou laranxeiro. O mesmo García Oliver nunca o viu con ningún (usaba pistola), nin sequera en fotografía, recordando que Durruti se facía acompañar permanentemente dun fotógrafo e un médico.

Aínda así, o posterior asasinato de Andreu Nin, líder do POUM, partido comunista non-prosoviético, por parte do NKVD, reforza a sospeita de que Durruti tamén foi asasinado polo réxime da URSS.

Estudos sobre Durruti[editar | editar a fonte]

Buenaventura Durruti é unha das grandes referencias do anarquismo español. Existe abundante literatura sobre a súa figura, sendo o estudio máis significativo a obra de Abel Paz Durruti en la Revolución española (Madrid, Fundación Anselmo Lorenzo, 1996), cun estudio de J.L. Gutiérrez Molina.

En 1999 levouse a cabo unha produción cinematográfica hispano-francesa titulada Buenaventura Durruti, anarquista.

Llevamos un mundo nuevo en nuestros corazones: ese mundo está creciendo en este instante
Buenaventura Durruti

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: Buenaventura Durruti

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]