Otto von Guericke

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Otto von Guericke
Guericke.png
Otto von Guericke.
Datos persoais
Nacemento 20 de novembro de 1602
Lugar Magdeburg Alemaña Alemaña
Falecemento 21 de maio de 1686
Lugar Hamburgo Alemaña Alemaña
Soterrada {{{soterrada}}}
Soterrado {{{soterrado}}}
Residencia Alemaña Alemaña
Nacionalidade alemán
Etnia
Cóncuxe Dorothea Lentke (m. 1652–1686)
Margarethe Alemann (m. 1626–1645)
Fillos {{{fillos}}}
Relixión
Actividade
Campo
Alma mater
Instituacións {{{institucións}}}
Sociedades {{{sociedades}}}
Tese {{{tese}}}
Dir. de tese {{{director_de_tese}}}
Dir. tese
Alumnos tese
Alumnos dest. {{{alumnos_doctorais}}}
Coñecido por
  • Investigación e experimentos no baleiro.
Influído por
Influíu en
Premios

[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]

Otto von Guericke, nado o 20 de novembro de 1602 en Magdeburg (Alemaña) e finado o 21 de maio de 1686 en Hamburgo, foi un físico alemán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou dereito nas universidades de Leipzig e Jena. Logo dedicouse aos estudos de matemática na universidade de Leyden. Desde 1646 desempeñou o cargo como xuíz na cidade de Magdeburg durante trinta anos. Á parte da súa carreira como xurista, a súa paixón foi a física.

Estudou os tratados de Blaise Pascal e Evangelista Torricelli sobre a presión atmosférica. En 1654, Von Guericke fixo unha espectacular demostración da inmensa forza que a atmosfera podía exercer. Mostrou que cando dous hemisferios de cobre de 50 centímetros de diámetro perfectamente axustados eran unidos de maneira que formasen unha esfera e facíase o baleiro no seu interior, dous tiros de oito cabalos cada un non podían separalos. Noutro experimento máis inmediatamente relacionado coa historia da máquina de vapor mostrou que cando se creaba un baleiro parcial baixo un émbolo de grandes dimensións introducido nun cilindro, a forza sumada de cincuenta homes non podía evitar que a presión atmosférica levase o émbolo ao fondo do cilindro.

Puido comprobar que o son non pode propagarse no baleiro. Para demostrar os efectos da presión atmosférica ideou o experimento cos hemisferios de Magdeburg en 1654 ante a Dieta Imperial de Ratisbona.

Tamén fixo investigacións sobre electrostática. Observou que se producía unha repulsión entre corpos electrizados logo de ser atraídos. Ideou a primeira máquina electrostática e sacou faíscas dun globo feito de xofre, o cal levoulle a especular sobre a natureza eléctrica dos lóstregos.

En astronomía foi un dos primeiros en afirmar que pode predicirse o retorno dos cometas.

En 1672 publicou a súa obra Experimenta nova, ut vocatur Magdeburgica, de vacuo spatio, onde describe o seu soado experimento cos hemisferios de Magdeburgo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Otto von Guericke

Outros artigos[editar | editar a fonte]