José Antonio Primo de Rivera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Antonio Primo de Rivera
JoseAntonioFEJONS.jpg
José Antonio Primo de Rivera y Sáenz de Heredia
{{{cargoexecutivo1}}}
Período: {{{periodo1}}}
Antecesor: {{{antecesor1}}}
Sucesor: {{{sucesor1}}}
Chanceler: {{{chanceler1}}}
Monarca: {{{monarca1}}}
{{{cargoexecutivo2}}}
Período: {{{periodo2}}}
Antecesor: {{{antecesor2}}}
Sucesor: {{{sucesor2}}}
{{{cargoexecutivo3}}}
Período: {{{periodo3}}}
Antecesor: {{{antecesor3}}}
Sucesor: {{{sucesor3}}}
{{{cargoexecutivo4}}}
Período: {{{periodo4}}}
Antecesor: {{{antecesor4}}}
Sucesor: {{{sucesor4}}}
Datos persoais
Nacemento: 24 de abril de 1903
Lugar: Madrid, España Flag of Spain (1785-1873 and 1875-1931).svg
Falecemento: 20 de novembro de 1936
Lugar: Alacant, Segunda República Española España
Organización: Falange Española
Afiliacións: {{{afiliacións}}}
Cónxuxe: {{{cónxuxe}}}
Parella: {{{parella}}}
Fillos: {{{fillos}}}
Parentes: {{{parentes}}}
Residencia: {{{residencia}}}
Cargo(s): Deputado en Cortes por Cádiz (1933 - 1936)
Alma mater: {{{almamater}}}
Profesión: Avogado e político
Relixión: {{{relixión}}}
Premios: {{{premios}}}
{{{sinatura}}}
{{{web}}}

José Antonio Primo de Rivera y Sáenz de Heredia, nado en Madrid o 24 de abril de 1903 e finado en Alacant o 20 de novembro de 1936, foi un político español, fundador xunto con Julio Ruíz de Alda e Alfonso García Valdecasas da Falange Española, un partido político de inspiración nacional-sindicalista do que se aproveitou a ditadura do xeneral Francisco Franco.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo primoxénito do xeneral Miguel Primo de Rivera, de quen herdou o título de Marqués de Estella, estudou na Facultade de Dereito de Madrid e en 1930 participou no proxecto político da Unión Monárquica Nacional. O 2 de maio dese ano aceptou o cargo de vicesecretario xeral do partido, co propósito de reivindicar a memoria do seu pai, atacada tanto na caída da súa ditadura, a finais da Monarquía de Afonso XIII, como durante a Segunda República (1931).

Placa conmemorativa dun discurso dado no Carballiño en novembro de 1930.

Durante 1930 percorreu Asturias e Galiza xunto a José Calvo Sotelo de cara ás eleccións municipais do ano seguinte. Porén, fracasou no seu intento de obter un escano de deputado por Madrid nas eleccións de 1931, sendo derrotado por Bartolomé Cossío. Foi detido en 1932 baixo a sospeita de colaborar coa sublevación organizada polo xeneral Sanjurjo (a "Sanjurjada"), feito que el sempre negou, saíndo finalmente do cárcere sen cargos.

En 1933, na plenitude do crecemento dos movementos fascistas en Italia e nazi en Alemaña, publicou un artigo titulado "Orientaciones hacia un nuevo estado", no único número do xornal El Fascio. Neste artigo pregoaba un estado social no que as loitas partidistas non existisen.

Creou xunto a Julio Ruiz de Alda o Movimiento Español Sindicalista, embrión da futura Falange Española, movemento político con inspiración no sindicalismo revolucionario cun matiz católico, máis con influencias dalgúns pensadores como Ortega y Gasset. Os dous piares da Falange Española eran a consideración do home como suxeito espiritual e de España como unha unidade do destino no universo. Falange Española foi fundada no Teatro da Comedia de Madrid o 29 de outubro de 1933. No acto José Antonio lexitimou a violencia na defensa dos seus valores a través da "dialéctica dos puños e as pistolas".

Nas eleccións de novembro de 1933 obtivo o seu escano en Cortes, integrado nunha coalición conservadora monárquica, pola circunscrición de Cádiz.

En 1934 fusionou Falange Española con outro grupo de ideoloxía semellante, pero con certas diferenzas, as Juntas de Ofensiva Nacional-Sindicalista de Onésimo Redondo e Ramiro Ledesma Ramos, dando lugar á FE de las JONS.

Nas eleccións de 1936, a esquerda e a dereita acudiron en bloques ás eleccións. A Falange non se aliou con ningún dos dous por entender Primo de Rivera que a ideoloxía Nacional-sindicalista defendida polo seu partido non se encontraba representada nin polas esquerdas nin polas dereitas. Tampouco recibiu oferta de ningunha das dúas.

Estaba no cárcere de Alacant o 5 de xuño de 1936, onde seguía detido cando o 18 de xullo se produciu o golpe de estado militar encabezado por Mola e Sanjurjo onde participou con eles Franco, co que deu comezo a Guerra Civil (1936-39).

O 17 de novembro de 1936 foi xulgado por rebelión militar. Condenado á morte por un tribunal popular, o 20 de novembro é fusilado antes de que o goberno dera a súa "aprobación".

Trala fin da Guerra Civil o seu cadáver foi exhumado e levado a ombros dende Alacant até San Lorenzo de El Escorial e unha vez rematado o Valle de los Caídos foi enterrado alí por orde de Franco, con máximas honras.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]