Edwin Hubble

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Edwin Hubble.

Edwin Powell Hubble, nado o 20 de novembro de 1889 en Marshfield (Missouri) e finado o 28 de setembro de 1953 en California, foi un astrónomo estadounidense.

Traxectoria [editar]

Telescopio Hooker de 100 pulgadas (2.5 m) no Observatorio do Monte Wilson no que Hubble adoitaba a medir distancias entre galaxias e un valor para o ratio de expansión do universo.

Estudou Matemáticas e Astronomía, e posteriormente Dereito durante tres anos na Universidade de Oxford. Practicou atletismno e boxeo, e foi soldado na Primeira Guerra Mundial.

En 1917 doutorouse en Física no Observatorio de Yerkes da Universidade de Chicago. Traballou no Observatorio de Monte Wilson ata 1953.

Durante a súa vida utilizou para as súas observacións os mellores telescopios: Hale, Hooker, etc. As observacións realizadas durante os anos 1923 e 1924 viron a luz o 30 de decembro dese ano. Confirmou as observacións de Immanuel Kant sobre a existencia do que chamou "universos illas". Hubble afirmou, sen ningún xénero de dúbida, que as nebulosas observadas ata o momento con telescopios menos potentes, non forman parte da nosa galaxia. Confirmou a existencia de galaxias diferentes á Vía Láctea. Á súa vez, puido observar estrelas individuais no brazo espiral de Andrómeda.

En 1919 publicou a "lei de recesión das galaxias", tamén coñecida como Lei de Hubble, que permitía calcular tanto o tamaño como a idade do Universo, poñendo os alicerces que sostiñan as primeiras hipóteses da expansión do Universo. A súa orixe explícase actualmente por medio da teoría do Grande estoupido ou Big Bang.

Hubble foi o precursor da clasificación dos tipos de galaxias, que aínda perdura sen moitos cambios. A divulgación dos seus descobrementos quedou reflectida na súa obra "Realm of the Nebula" (1936).

Participou no deseño dos maiores telescopios de Monte Palomar. Polas súas achegas ao campo da Astronomía e Cosmoloxía púxoselle o seu nome ao telescopio orbital lanzado ao espazo en 1990.

Morreu dunha trombose cerebral en San Marino (California-Estados Unidos) o 28 de setembro de 1953.

Véxase tamén [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: