C-32

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
C-32.svg
Corredor do Mediterráneo
Autopista Peatge C32 Sitges.JPG
TipoloxíaAutoestrada
RedeRede de Estradas da Generalitat de Cataluña
Lonxitude135 km
Localización
InicioEl Vendrell (AP-7)
FinBlanes

A C-32 ou Corredor do Mediterráneo é unha autoestrada de peaxe que percorre parte da costa mediterránea de Cataluña, concretamente polas comarcas do Baix Penedès, o Garraf, o Baix Llobregat, o Barcelonès, o Maresme e a Selva. É titularidade da Generalitat de Cataluña e é xestionada por Aucat, filial de Abertis.

Está dividida en dúas partes: o ramal sur, de 56 km entre El Vendrell (AP-7) e El Prat de Llobregat (B-20), e o ramal norte, de 66 km entre Montgat (AP-7) e Blanes. Está prevista a continuación deste último ata Tossa de Mar.

O ramal norte inaugurouse en 1969 entre Montgat e Mataró e en 1994 entre Mataró e Palafolls. O ramal sur, tamén coñecido como Autoestrada Pau Casals, foi inaugurado entre 1994, entre El Prat e Sitges, e 1998, entre Sitges e El Vendrell.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]