Casardeita, Ramirás
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Casardeita.
| Casardeita | |
|---|---|
Vista de Casardeita. | |
| Concello | Ramirás[1] |
| Provincia | Ourense |
| Coordenadas | 42°10′49″N 7°59′03″O / 42.1802153, -7.98412488 |
| Poboación | 102 hab. (2017) |
| Entidades de poboación | 7[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Santiago de Casardeita é unha parroquia do concello de Ramirás na comarca da Terra de Celanova, na provincia de Ourense. En 2007 tiña 134 habitantes (60 homes e 74 mulleres), dous máis ca en 2006. Esta parroquia esténdese eclesiástica e civilmente polo concello veciño de Celanova, incluíndo parte da localidade do Pazo.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa parroquial de Santiago ten unha imaxe de Santiago o Maior na fachada. Na aldea de Pambre está a capela de Santa Águeda, e en Ver a capela da Virxe de Guadalupe. Ao carón da capela de Pambre hai un carballo de gran tamaño.
A antiga escola acolle no primeiro andar o local social e no segundo a Biblioteca Lois Antón.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]
Lugares de Casardeita
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Casardeita no concello de Ramirás (Ourense) | |
|---|---|
|
Casardeita | Coveliñas | Ludeiros | Pambre | O Pazo | O Rial | Ver |