Saltar ao contido

Jon García Herrero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jon García
Información persoal
Nome Jon García Herrero
Nacemento 4 de xuño de 1991 (33 anos)
Lugar de nacemento Bilbao
Altura 1,77 m
Posición Defensa central
Información de club
Club actual Albacete
Carreira xuvenil
2003–2010 Athletic Club
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2009–2011 CD Baskonia 48 (6)
2011–2014 Bilbao Athletic 72 (4)
2014–2015 Lugo 5 (0)
2016 Racing Santander 8 (0)
2016–2017 Sestao 37 (1)
2017–2020 Ponferradina 58 (4)
2020Racing de Ferrol (cedido) 4 (0)
2020–2024 Racing de Ferrol 117 (6)
2024– Albacete 0 (0)
Na rede
Twitter: JonGar91 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 5 de xullo de 2024.
editar datos en Wikidata ]

Jon García Herrero, coñecido habitualmente como Jon García, nado o 4 de xuño de 1991 en Bilbao, Biscaia, é un futbolista profesional vasco, que xoga como defensa para o Albacete da Segunda División.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado en Bilbao, Biscaia, García uniuse ás categorías inferiores do Athletic de Bilbao, pasando a xogar no equipo xuvenil no ano 2007, cando tiña 16 anos. Alí xogou 71 partidos, alternando o último ano convocatorias co Baskonia, segundo filial do club vasco na Terceira División. Tras outro ano máis no Baskonia, en 2011 comezou a xogar para o Bilbao Athletic, da Segunda B, onde militou durante tres tempadas, disputando un total de 72 partidos, nos que anotou 4 goles.

Tras desvincularse do filial bilbaíno, fichou en 2014 polo Club Deportivo Lugo da Segunda División.[1] No Lugo tan só chegou a disputar sete partidos, nunha etapa marcada polas lesións e por unha rotura do ligamento cruzado anterior. Finalmente, o seu contrato foi rescindido e asinou polo Racing de Santander. Tras recuperarse da grave lesión, disputou oito partidos co club cántabro e disputou sen éxito a promoción de ascenso a Segunda.

A continuación pasou polo Sestao e a Ponferradina, logrando co equipo do Bierzo o ascenso á Segunda División. Con todo, durante a promoción de ascenso sufriu de novo unha rotura do ligamento cruzado anterior, o que o afastou dos terreos de xogo durante máis de medio ano.

O 28 de xaneiro de 2020, anunciouse a súa cesión ata final de tempada ó Racing de Ferrol da Segunda División B.[2] No verán dese mesmo ano rescindiu o seu contrato coa Ponferradina e fichou definitivamente polo Racing de Ferrol, no que xogou durante os seguintes cinco anos. Acumulou un total de 120 partidos co club galego, co que conseguiu o segundo ascenso á Segunda División da súa carreira.

En 2024, trala fin do seu contrato, asinou como novo xogador do Albacete.[3]

Club Categoría Ano PX Goles
Baskonia Terceira 2009-2010 17 3
Baskonia Terceira 2010-2011 31 3
Athletic B Segunda B 2011-2012 8 0
Athletic B Segunda B 2012-2013 30 2
Athletic B Segunda B 2013-2014 34 2
Lugo Segunda 2014-2015 5 0
Lugo Segunda 2015 0 0
Racing Segunda B 2015-2016

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]