Manuel Fernández Anidos
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 9 de maio de 1972 Narón | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Período de actividade | 1993 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Fillos | Manuel Fernández Arroyo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Pai | Manuel Fernández Amado | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Manuel Fernández Anidos, nado en Narón o 9 de maio de 1972 é un exfutbolista galego máis coñecido como Manel Fernández, que xogaba na demarcación de centrocampista. Forma a segunda de tres xeracións de futbolistas da mesma familia, sendo fillo de Manuel Fernández Amado e pai de Manuel Fernández Arroyo, sendo os tres centrocampistas.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a xogar a fútbol na escola Os amigos d'A Malata, de onde pasou ao equipo xuvenil do Racing de Ferrol e de aí ao filial do Celta de Vigo de Terceira División en 1991.
Tras dúas boas tempadas no Celta de Vigo B realiza a pretempada 1993/94 co primeiro equipo baixo as ordes de Txetxu Rojo, ese mesmo ano tamén debutaría coa Selección de fútbol sub-21 de España da man de Javier Clemente. Porén a súa experiencia co Celta en competición oficial limítase ao encontro de debut, ante o FC Barcelona, e catro encontros na Copa do Rei, torneo no que o equipo acadaría o subcampionato.
Ao remate desa tempada deixaría o Celta e volvería ao Racing de Ferrol, por aquel entón en Segunda División B. Dous ano despois probou sorte no Elche CF, co que conseguiu o ascenso a Segunda División, a pesar de que no seu segundo e último ano no equipo descenderon outra vez. Pasados eses dous anos volver ao Racing para xogar cinco tempadas, ao remate da segunda das cales o equipo acadou o ascenso á categoría de prata.
No ano 2003 fichou polo Centro Cultural e Deportivo Cerceda e ao ano seguinte polo Viveiro CF. Finalmente fichou en 2006 polo Narón Balompé Piñeiros, onde se retirou en 2008.