Gyula Alberty Kyscel
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 4 de xullo de 1911 Debrecen, Hungría | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 9 de abril de 1942 (30 anos) Granada, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1934 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Gardameta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Gyula Alberty Kyscely, nado en Debrecen o 4 de xuño de 1911 e finado en Granada o 9 de abril de 1942, foi un futbolista húngaro que xogaba de gardameta. Desenvolveu case toda a súa carreira deportiva en España, onde gozou de gran popularidade. Gañou a Copa do Presidente da República de 1936 co Real Madrid e disputou a final de 1939 co Racing de Ferrol. Xogou tamén no Real Uníon, no Celta de Vigo e no Granada, falecendo mentres militaba neste último, con só 30 anos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezos e Madrid FC
[editar | editar a fonte]Despois de xogar en equipos do seu país natal como o Attila e o Bocskai, en febreiro de 1935 fichou polo Real Madrid, chamado naquel entón Madrid FC, equipo que se fixara nel nun partido de homenaxe a Ricardo Zamora que o equipo branco disputara contra unha selección húngara.[1] Chegou a Madrid como relevo do propio Zamora, que tiña xa 34 anos, e converteuse no primeiro estranxeiro do club dende a chegada do fútbol profesional. Debutou nun encontro da Primeira División fronte ao Athletic Club no antigo campo de Chamartín e militou dúas tempadas no equipo branco, compartindo portería con Ricardo Zamora e conquistando a Copa do Presidente da República de 1936.[2]
Guerra civil e Racing de Ferrol
[editar | editar a fonte]Durante a Guerra Civil marchou a Normandía, onde xogou co Le Havre na segunda división francesa. En 1938 regresou a España, onde fichou polo Real Unión de Irún. En novembro dese ano viaxou co equipo a Ferrol para xogar contra o Racing de Ferrol no Trofeo Jabones Beceiro,[3] e quedou na cidade departamental, para disputar nas filas do Racing a chamada "batalla dos lacóns" contra o Deportivo da Coruña, unha serie de partidos amigables para recadar fondos e enviar lacóns á fronte de guerra.[4] Disputou a ida en Riazor e a volta no Inferniño, e a continuación regresou a Irún.[5][6]
Volveu a Ferrol en marzo, para fichar polo club verde e disputar a Copa do Xeneralísimo de 1939.[7] O cadro ferrolán reforzouse ese ano con importantes futbolistas como Edelmiro II, Caliche ou os internacionais Bertolí e Gallart. Con Alberty na portería, o Racing eliminou á Real Sociedad e ao Barakaldo, acadando a final. Esta disputouse o 25 de xuño de 1939 contra o Sevilla en Montjuïc, e o triunfo foi para o equipo andaluz por 6-2, cun triplete de Campanal.[8]
Celta de Vigo
[editar | editar a fonte]En xaneiro de 1940 fichou polo Celta de Vigo, que debutaba en Primeira División.[9] Fíxose coa titularidade dende a súa chegada, por diante de Labanda e Burdas, e disputou todos os restantes partidos da tempada, na que o equipo adestrado por Comesaña acabou salvando a categoría tras gañar cun gol de Nolete o derbi contra o Deportivo da Coruña na promoción. Xogou co Celta unha segunda tempada, na que o equipo repetiu 10º posto na liga, pero sen ter que xogar desta vez a promoción. A súa afección a comer laranxas durante os partidos, fixo que os seareiros de Balaídos comezasen a lanzarlle esas froitas ao campo.[10]
Granada
[editar | editar a fonte]A pesar das súas boas actuacións no Celta o club deixouno en liberdade en outubro de 1941, cando aínda lle quedaban dous anos de contrato, e fichou polo Granada.[11][12] Debutou cunha destacada actuación na maior goleada conseguida polo club andaluz en Primeira, un 8-0 contra o Oviedo,[13] e participou tamén na vitoria sobre o Real Madrid por 3-1 e na goleada por 6-0 contra o FC Barcelona. Xogou un total de 14 partidos, quitándolle o posto de titular a Floro, e continuou recibindo chuvias de laranxas sobre o campo.[14] Antes de rematar a tempada caeu enfermo, e o 9 de abril de 1942 faleceu por mor dunha febre tifoide, con só 30 anos.[15]
Foi soterrado en Granada, nun panteón que o concello lle cedeu a perpetuidade.[14][16]
Palmarés
[editar | editar a fonte]Real Madrid
- Copa do Presidente da República (1): 1936.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Alberty, un portero muy peculiar" (en castelán). 13 de maio de 2019. Consultado o 19 de decembro de 2021.
- ↑ "El Madrid vence al Athletic de Bilbao por cinco tantos a dos". La Región (en castelán) (6852). 26 de marzo de 1935. p. 4. Consultado o 18 de decembro de 2021.
- ↑ "Trofeo Jabones Beceiro". El Correo Gallego (en castelán) (20819). 12 de novembro de 1938. p. 2. Consultado o 19 de decembro de 2021.
- ↑ "Ayer debio decidirse donde se disputara el Deportivo-Racing". El Pueblo Gallego (en castelán) (4757). 17 de decembro de 1938. p. 3. Consultado o 19 de decembro de 2021.
- ↑ "El primer encuentro del desafío Deportivo-Racing concluyó con el triunfo de los ferrolanos, por 4-1". El Ideal Gallego (en castelán) (5982). 3 de xaneiro de 1939. p. 4. Consultado o 19 de decembro de 2021.
- ↑ "El Deportivo derrotó al Racing por dos tantos a uno". El Pueblo Gallego (en castelán) (4776). 10 de xaneiro de 1939. p. 5. Consultado o 19 de decembro de 2021.
- ↑ "Alberty, en el Racing ferrolano". El Ideal Gallego (en castelán) (6053). 26 de marzo de 1939. p. 4. Consultado o 19 de decembro de 2021.
- ↑ "El Sevilla, campeón de España". El Pueblo Gallego (en castelán) (4919). 27 de xuño de 1939. p. 8. Consultado o 19 de decembro de 2021.
- ↑ "Alberty debutará hoy". El Pueblo Gallego (en castelán) (5084). 7 de xaneiro de 1940. p. 2. Consultado o 19 de decembro de 2021.
- ↑ "Las naranjas de Alberty". El Pueblo Gallego (en castelán) (5155). 2 de abril de 1940. p. 5. Consultado o 19 de decembro de 2021.
- ↑ "Alberty en libertad". El Ideal Gallego (en castelán) (7850). 23 de outubro de 1941. p. 4. Consultado o 19 de decembro de 2021.
- ↑ "Alberty en el Granada". El Pueblo Gallego (en castelán) (5719). 2 de decembro de 1941. p. 5. Consultado o 19 de decembro de 2021.
- ↑ "Granada, 9; Oviedo, 0". El Pueblo Gallego (en castelán) (5719). 2 de decembro de 1941. p. 5. Consultado o 19 de decembro de 2021.
- ↑ 14,0 14,1 "Historia del Granada Club de Fútbol" (PDF) (en castelán). Consultado o 19 de decembro de 2021.
- ↑ "Ha muerto Alberty". El Pueblo Gallego (en castelán) (5827). 10 de abril de 1942. p. 2. Consultado o 19 de decembro de 2021.
- ↑ "Alberty, un reposo alterado" (en castelán). 16 de maio de 2018. Consultado o 19 de decembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Txema Ereaga (19 de marzo de 2012). "Alberty, el héroe de la permanencia en primera". Fame Celeste (en castelán).
- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).