Portos de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Portos de Galicia
Logo
Tipoadministración pública
Data de fundación1996
Localización
EnderezoPol. Fontiñas Area Central 5A 6º
EnSantiago de Compostela
PaísGalicia
Na rede
http://www.portosdegalicia.gal/gl/
editar datos en Wikidata ]
Logo.

Portos de Galicia é un ente público adscrito á Consellería do Mar que administra os portos dependentes da Xunta de Galicia.

Comezou as súas actividades en 1996 e xestiona, conserva e explota o desenvolvemento dos 122 portos e instalacións portuarias de Galicia, nos que se desenvolven actividades pesqueiras, marisqueiras, comerciais e náutico-deportivas. O presidente do consello de administración de Portos de Galicia é José Antonio Álvarez Vidal.

Portos xestionados[editar | editar a fonte]

Portos de Galicia xestiona todos os portos galegos que dependen da Xunta de Galicia. Son todos agás os seis portos de interese xeral que son xestionados polas súas respectivas autoridades portuarias: Ferrol-San Cibrao, A Coruña, Vilagarcía, Marín e Vigo.

Os 122 portos e instalacións portuarias xestionados por Portos de Galicia son:

  • A Barquiña
  • A Guarda
  • A Pasaxe
  • A Pobra do Caramiñal
  • A Toxa
  • Aguete
  • Aguiño
  • Aldán
  • Ameixeda
  • Ancados
  • Arcade
  • Ares
  • Arou
  • As Corbaceiras
  • As Sinas
  • Baiona
  • Bares
  • Barizo
  • Beluso
  • Betanzos
  • Boa
  • Bodión
  • Brens
  • Bueu
  • Burela
  • Cabo de Cruz
  • Cabodeiro
  • Caión
  • Camariñas
  • Camelle
  • Campelo
  • Cangas
  • Canido
  • Cariño
  • Carril
  • Castiñeiras
  • Cedeira
  • Celeiro
  • Cesantes
  • Combarro
  • Corcubión
  • Corme
  • Corrubedo
  • Covelo
  • Domaio
  • Escarabote
  • Espasante
  • Esteiro
  • Ézaro
  • Fisterra
  • Foz
  • Goián
  • Insuela
  • Laxe
  • Lorbé
  • Malpica
  • Maniños
  • Mañóns
  • Meira
  • Meloxo
  • Mera
  • Miño
  • Moaña
  • Morás
  • Mugardos
  • Muros
  • Muxía
  • Noia
  • Nois
  • O Barqueiro
  • O Campo (A Illa)
  • O Conchido
  • O Freixo
  • O Grove
  • O Pindo
  • O Porto - Taragoña
  • O Seixo
  • O Vicedo
  • O Xufre
  • Os Muíños
  • Palmeira
  • Panxón
  • Pedras Negras
  • Perbes
  • Pontecesures
  • Pontedeume
  • Pontevedra
  • Porto do Son
  • Portocelo
  • Portocubelo
  • Portonovo
  • Portosín
  • Quenxe
  • Rañó
  • Raxó
  • Razo
  • Redes
  • Rianxo
  • Ribadeo
  • Rinlo
  • Sada - Fontán
  • San Adrián de Cobres
  • San Cibrao
  • San Miguel de Deiro
  • San Pedro de Visma
  • Santa Cristina de Cobres
  • Santa Cruz
  • Santa María de Oia
  • Santa Mariña
  • Santa Marta
  • Santa Uxía de Ribeira
  • Santo Tomé
  • Santa Mariña
  • Sanxenxo
  • Suevos
  • Testal
  • Tragrove
  • Tui
  • Vilanova de Arousa
  • Vilaxoán
  • Viveiro

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]