Autoridade Portuaria de Vigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Autoridade Portuaria de Vigo, fachada da Praza da Estrela.

A Autoridade Portuaria de Vigo é o organismo responsábel do porto de Vigo. Ten a súa sede na praza da Estrela de Vigo. Antes de ter a denominación actual foi coñecido como Xunta de Obras do Porto de Vigo e mais como Xunta do Porto e Ría de Vigo.

É unha das 28 Autoridades Portuarias que compoñen o Organismo Público Estatal: Puertos del Estado. A maioría das infraestruturas portuarias dedícanse ao transporte marítimo e pesca. Á parte do dominio público hai tamén unha parte dedicada ás empresas conserveiras e estaleiros.

Presidencia[editar | editar a fonte]

A presidencia da Autoridade Portuaria de Vigo é designada pola Xunta de Galicia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]