Portal:Colombia/Lugar de interese/Arquivo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Aquí están todos os lugares de interese destacados no portal Colombia:

1[editar a fonte]

Parque Arqueológico de San Agustín - tomb of a deity with supporting warriors.jpg

O Parque arqueolóxico de San Agustín é un dos máis importantes espazos arqueolóxicos de Colombia, que se atopa no sur do departamento do Huila e foi declarado en 1995 pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade. É a necrópole de maior extensión a nivel mundial.

O parque arqueolóxico atópase na conca alta do río Magdalena e os seus afluentes primarios e que relaciona concellos de Colombia, estando o seu centro no concello de San Agustín, no departamento de Huila, nas estribacións orientais do Macizo Colombiano, onde se desprenden as tres cordilleiras andinas que atravesan o país de sur a norte naa Rexión Andina. San Agustín está a 533 km de Bogotá, a 220 km de Neiva e a 33 km de Pitalito.

O parque propiamente corresponde a unha pequeña zona de maior concentración de tumbas da total zona arqueolóxicas de abrangue outras rexións como o Parque Arqueolóxico Nacional de Tierradentro.


2[editar a fonte]

Johny Cay.jpg

O Arquipélago de San Andrés, Providencia e Santa Catalina (inglés e sanandresano: Archipelago of San Andres, Providencia and Santa Catalina) é un departamento de Colombia localizado ao occidente do Mar Caribe, a 775 quilómetros (480 millas náuticas) ao noroeste da costa Atlántica do país e a 220 quilómetros (140 millas náuticas) das costas orientais de Nicaragua. A capital departamental é San Andrés, pero o Arquipélago ten un só municipio, Providencia.

O departamento é o único de Colombia que está composto por illas, caios e illotes sobre unha plataforma volcánica do occidente do Mar das Antillas e San Andrés é a meirande illa do país. O 23 de xuño de 1822 izouse a bandeira da entón República da Gran Colombia como estado independente do Imperio de España e o 23 de xuño de 1822 foi admitida dentro da conformación territorial da nova nación na Constitución de Cúcuta. Segundo o censo do Departamento Administrativo Nacional de Estatísticas de Colombia de 2005, o departamento ten unha poboación de 70.554 habitantes, sendo o departamento máis densamente poboado de Colombia dado que a suma total da súa terra firme é tan só 44 km² o que representa unha densidade de 1603,5 persoas por quilómetro cadrado, facendo que as illas sexan as que presentan a maior concentración humana de todo o planeta, o que as pon nunha delicada situación de recursos. A lingua máis falada no territorio é o sanandresano, seguido do inglés e o castelán.


3[editar a fonte]

YAEL PHOTOS 898.jpg

Ciudad Perdida, Buritaca-200 ou Teyuna é un antigo poboado indíxena e sitio arqueolóxico. Foi construído arredor do século VII ou VIII, uns 650 anos antes que Machu Picchu. Hoxe forma parte dos máis de 250 poboados antigos dos catro grupos indíxenas da cara norte e suroeste da Serra Nevada de Santa Marta, no departamento de Magdalena de Colombia.

Foi descuberta en 1976 por un equipo de arqueólogos do Instituto Colombiano de Antropoloxía dirixido por Alvaro Soto e encabezado por Gilberto Cadavid e Luisa Fernanda Herrera e restaurada case na súa totalidade. Os membros dos pobos locais, os arhuacos, os koguis e os wiwas, declararon que visitaron o sitio con regularidade antes de que fose amplamente descuberto, pero gardaran silencio ó respecto. Chaman a Ciudad Perdida "Teyuna" e cren que foi o corazón dunha rede de aldeas habitadas polos seus devanceiros, os tayrona.

Ciudad Perdida foi probablemente o centro político e manufactureiro da rexión a beiras do río Buritaca e puido ter albergado entre 2.000 e 8.000 persoas. Aparentemente foi abandonada durante a conquista española.


4[editar a fonte]

Bahia hondita.JPG

La Guajira (en wayuu: Wajiira) é un dos 32 departamentos de Colombia. Atópase no nordeste do país, na rexión natural Caribe, e limita polo norte e polo oeste co mar Caribe, polo leste con Venezuela e polo sur co departamento do Cesar e Magdalena. A súa capital é Riohacha.

O departamento está illado do resto do país pola Serra Nevada de Santa Marta. A temperatura média está entre 27 e 30 °C, e o o clima é o máis seco do país.

A poboación, concentrada na banda oriental do departamento, é mestiza ou indíxena - o DANE estima que o 45% son indíxenas, habitantes das 11 reservas alí existentes. O 7,5% da poboación é afro-colombiana.


5[editar a fonte]

Vista de Plaza Botero, Palacio de la Cultura, Medellin, Colombia, 2017-04-11.jpg

Medellín é unha cidade situada ó noroeste de Colombia, no centro do val de Aburrá e á beira do río Medellín. É a capital do departamento de Antioquia. Segundo o censo de 2005, tiña 2 223 078 habitantes, sendo a segunda cidade máis poboada do país. A súa área metropolitana, conformada por outros 9 municipios, ten unha poboación de 3 312 165 habitantes, sendo a segunda aglomeración urbana de Colombia.

É un dos principais centros culturais de Colombia. É sede de importantes festivais de ampla traxectoria e recoñecemento, tanto local, nacional e internacional. Tamén destaca a súa actividade académica e científica, xa que algunhas das universidades colombianas máis importantes teñen a súa sede na cidade.


6[editar a fonte]

Sierra Nevada de Santa Marta desde el espacio.jpg

A Serra Nevada de Santa Marta é o sistema montañoso litoral máis alto do planeta; situado ó norte de Colombia que constitúe en por si mesmo un sistema illado dos Andes, sobre a costa Caribe de Colombia. É a formación montañosa litoral máis alta do mundo, a cal se eleva abruptamente dende as costas do mar Caribe até acadar unha altura de 5.775 metros nos seus picos nevados, situados a tan só 42 quilómetros deste, poden observarse claramente dende as cidades máis achegadas.

Cunha superficie aproximada de 17.000 km², é a montaña máis alta de Colombia, illada da cordilleira dos Andes polo sistema de vales que forman os ríos Cesar e Ranchería. O seu pico máis alto é o Pico Cristóbal Colón.

A Serra Nevada de Santa Marta forma parte do Parque nacional natural Serra Nevada de Santa Marta e do Parque Nacional Natural Tayrona, os cales son administrados polo Ministerio do Medio Ambiente. Atópase entre os departamentos de Magdalena, La Guajira e o Cesar, no Caribe colombiano.


7[editar a fonte]

Arrecifes.jpg

O Parque Nacional Natural Tayrona é unha área protexida na rexión colombiana do norte do Caribe, dentro da xurisdición do departamento de Magdalena e a 34 quilómetros da cidade de Santa Marta. O parque presenta unha biodiversidade endémica da área da Serra Nevada de Santa Marta, presentando unha variedade de climas e relevo que varía dende o nivel do mar a 900 metros de altitude. O parque cobre aproximadamente 30 quilómetros cadrados de área marítima no mar do Caribe e aproximadamente 150 quilómetros cadrados de terra.

Xuntamente con outros parques nacionais da Colombia, o Parque Natural Nacional de Tayrona foi declarado parte integrante da rede internacional de Reservas da Biosfera pola UNESCO. Foi o segundo parque nacional máis visitado na Colombia en 2013, con 237.246 visitantes. O parque máis visitado foi o Parque Nacional Natural Islas Corales del Rosario y San Bernardo.


8[editar a fonte]

Plaza de Bolivar, Bogota, Colombia (5770632336).jpg

Bogotá, oficialmente Bogotá Distrito Capital, abreviado Bogotá, D.C. (durante a época colonial española e desde 1991 ata 2000 chamada Santafé de Bogotá) é a capital da República de Colombia e do departamento de Cundinamarca. Está organizada como Distrito Capital gozando de autonomía para a xestión dos seus intereses dentro dos límites da Constitución e a lei. A diferenza dos demais distritos de Colombia, Bogotá é unha entidade territorial de primeira orde en Colombia, coas atribucións administrativas que a lei lle confire aos Departamentos. Está constituída por 20 localidades e é o epicentro político, económico, administrativo, industrial, artístico, cultural, deportivo e turístico do país.

Está situada no centro de Colombia, na rexión natural coñecida como a sabana de Bogotá, que fai parte do altiplano cundiboyacense, formación montañosa situada na cordilleira Oriental dos Andes. É a terceira capital máis alta en América do Sur (logo da Paz e Quito), con un termo medio de 2625 metros sobre o nivel do mar. Posúe o páramo máis grande do mundo, localizado na localidade de Sumapaz.


9[editar a fonte]

Los Llanos Colombia by David.png

Llanos son unha rexión do norte de Suramérica repartida entre Venezuela e Colombia, na conca do Orinoco. É unha ecorrexión e ecosistema que forma parte do proxecto Global 200, que inclúe ecosistemas prioritarios para a conservación da Natureza do World Wide Fund for Nature (WWF).

Ten dúas estacións climatolóxicas ben marcadas, a estación de chuvia e a estación de seca, e caracterízase polas súas extensas sabanas, e o seu clima intertropical de sabana (na clasificación climática de Köppen, que é húmido e caloroso, exceptuando nos llanos altos, con clima máis suave), con altas temperaturas en xeral.

A rexión, por situarse no interior e, polo tanto, en ausencia de influencia marítima, permite unha maior amplitude térmica diaria que nas zonas costeiras; as temperaturas máis baixas rexístranse na época de chuvias, e polo tanto en agosto adoitan rexistrarse temperaturas máis baixas que en xaneiro, pero a amplitude térmica anual é, de todos os xeitos, pouco significativa en xeral.


10[editar a fonte]

Arcabuco Rural Detalle.JPG

O Altiplano Cundiboyacense é unha meseta alta que se atopa na Cordilleira Oriental dos Andes colombianos, abranguendo partes dos departamentos de Cundinamarca e Boyacá. O altiplano corresponde co antigo territorio dos muiscas. O Altiplano Cundiboyacense comprende tres rexións chás distintivas; a sabana de Bogotá, os vales de Ubaté e Chiquinquirá e os vales de Duitama e Sogamoso. A altitude media do altiplano é de 2 600m por riba do nivel do mar, pero varía entre os 2 500m e os 4 000m.

O altiplano é o lugar onde se encontraron os tres conquistadores españois Gonzalo Jiménez de Quesada, Sebastián de Belalcázar e Nicolás de Federmann en 1538 despois da fundación hispánica de Santafé de Bogotá no lugar onde se atopaba a vila muisca de Bacatá. É un lugar arrodeado de numerosas montañas, na metade da Cordilleira Oriental. No sur, atópase a sabana de Bogotá, a chaira máis extensa de Colombia, tamén limita co Ermo de Sumapaz. Polo norte, limita coas montañas de Santander, polo leste limita coa cordilleira que a separa de Piedemonte llanero e polo oeste coa cordilleira que o separa do Valle del Magdalena.