Ceroxylon quindiuense

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ceroxylon quindiuense

Palmeiras de cera en Quindío, Colombia.
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable[1]
Clasificación científica
Superreino: Eukaryota
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Liliopsida
Subclase: Commelinidae
Orde: Arecales
Familia: Arecaceae
Subfamilia: Ceroxyloideae
Tribo: Ceroxyleae
Xénero: Ceroxylon
Especie: C. quindiuense
Nome binomial
Ceroxylon quindiuense
H.Wendl. ex H.Karst.
Sinonimia
  • Ceroxylon floccosum Burret
  • Klopstockia quindiuensis H. Karst.[2]

A palma de cera de Quindío (Ceroxylon quindiuense) é unha palmeira nativa dos vales altos andinos do Parque Nacional Natural Los Nevados, presente no val de Cocora do departamento do Quindío no eixo cafetero, Colombia.

Descrición[editar | editar a fonte]

En boas condicións, medra 60 metros, e mesmo até máis. É a máis grande monocotiledónea do mundo. As súas follas son verde escuras e agrisada, con pecíolos de máis de 2 m de lonxitude. O tronco é cilíndrico, liso e cuberto de cera. Cando as follas morren e caen, deixa un anel negro arredor do tronco. É unha especie protexida. Ceroxylon quindiuense ten un crecemento extremadamente alto, e vive máis de cen anos. Foi estudado por Alexander von Humboldt en 1801.[3]

Ecoloxía[editar | editar a fonte]

Panorama do Val de Cocora con palmas de cera.

Esta planta constitúe un hábitat para moitas formas de vida, frecuentemente especies en risco de extinción como o Ognorhynchus icterotis'. Medra en grupos sobre as estribacións occidentais dos Andes, entre 2.500 a 2.800 msnm, con temperaturas oscilando entre 12 e 19 °C, e choivas media de 1800 mm/ano, en chans areosos de alta acidez.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ceroxylon quindiuense". www.iucnredlist.org. 
  2. "The Plant List: A Working List of All Plant Species". Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2021. Consultado o 03 de outubro de 2018. 
  3. Díaz Piedrahita, Santiago. "El trayecto colombiano de Humboldt". Revista Credencial Historia. Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2011. Consultado o 03 de outubro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Henderson, A., G. A. Galeano & R. Bernal. 1995. Field Guide Palms Amer. 1–352. Princeton University Press, Princeton, New Jersey.
  • Idárraga-Piedrahita, A., R. D. C. Ortiz, R. Callejas Posada & M. Merello. (eds.) 2011. Fl. Antioquia: Cat. 2: 9–939. Universidade de Antioquia, Medellín.