Cumbia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A cumbia é un xénero musical e un baile folclórico orixinario de Colombia,[1][2] así como nalgunhas outras áreas da zona caribeña. Xorde do sincretismo musical e cultural dos aborixes, negros e, en menor escala, dos europeos na rexión do delta do río Magdalena, con epicentro na rexión da poboación de El banco, Magdalena, até Barranquilla. Trátase dun ritmo popular en distintos países latinoamericanos, onde seguiu distintas adaptacións xa fóra da área caribeña e estendéndose a outras zonas como México ou a Arxentina.

Notas[editar | editar a fonte]