Portal:Colombia/Biografía destacada/Arquivo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Aquí están todos as biografías destacadas no portal Colombia:

1[editar a fonte]

Quintin detenido.jpg

Quintín Lame, nado en El Borbollón, preto de Popayán, o 26 de outubro de 1880, e finado en Ortega, Tolima o 7 de outubro de 1967, foi un indíxena colombiano que intentou conformar unha república independente indíxena a comezos do século XX.

Fillo dos indíxenas nasa Mariano Lame e Dolores Chantre. En 1901, uniuse ó exército conservador e marchou a Panamá, onde viu que a loita indíxena era xusta. Cando regresou, casou con Belinda León e comezou un movemento indixenista. En 1910, foi elixido representante e defensor da cabidos indíxenas de Cauca, e a continuación, marchou a Bogotá para estudar as cédulas reais e presentarse ó Congreso.

En 1914, foi o encargado dunha revolta dos indíxenas no Cauca, querendo estendela a Huila, Tolima e Valle del Cauca. Foi acusado de construír unha república dos pobos indíxenas e foi detido o 9 de maio de 1915. Estivo na cadea preto dun ano, illado. Despois continuou arrestado, pero o movemento medrou até chegar a ser unha verdadeira "guerra racial". En 1917, foi encarcerado durante catro anos. Tamén circularon historias de que tiña supostos poderes sobrenaturais, como o da ubicuidade ou a capacidade de converterse en animal; por este motivo, o alcalde de Ortega (lugar onde estaba preso), lle cortou o cabelo varias veces, porque coidaba que o seu poder estaba alí.

O 23 de agosto de 1921, foi liberado integrouse no movemento en Tolima. En 1924, escribiu o seu libro: El pensamiento del indio que se educó en las selvas colombianas. A súa loita pola terra deu os seus froitos en 1938, cando se decretou a restitución dos resgardos de Ortega e Chaparral, escriturados en 1948.


2[editar a fonte]

Nairo Quintana, Vuelta al Pais Vasco 2013 (cropped).jpg

Nairo Quintana, nado en Tunja (Boyacá) o 4 de febreiro de 1990, é un ciclista profesional colombiano pertencente ao equipo Movistar Team de categoría UCI ProTour. Anteriormente correra como afeccionado e profesional no equipo boiacence Boyacá es Para Vivirla, destacándose como escalador.

En 2013 rematou sétimo na Volta a Andalucía e undécimo na Volta a Murcia. En marzo rematou 15º na París-Niza. Á semana seguinte foi 4º na Volta a Cataluña, gañando unha etapa. En abril gañou a Volta ao País Vasco, logrando tamén unha etapa e o premio á regularidade. En xullo participou no Tour de Francia; inicialmente ía como gregario de Alejandro Valverde, mais un problema técnico deste fixo que pasase a ser o mellor colocado do equipo. Finalmente acadou o 2º posto na clasificación xeral, o maillot de campión da montaña, e o trofeo de corredores novos. En agosto gañou a Volta a Burgos.

No ano 2014 gañou o Giro de Italia.


3[editar a fonte]

Fernando Botero.jpg

Fernando Botero, nado en Medellín o 19 de abril de 1932, é un acuarelista e escultor colombiano, recoñecido polas súas personaxes de formas redondas e voluptuosas. Séndose el mesmo alcumado ironicamente «o máis colombiano dos artistas colombianos», é un dos raros pintores a coñecer o éxito e a gloria en vida. A súa carreira comeza realmente en 1958, cando gaña o primeiro premio do "Salón de Artistas Colombianos".

Ao grao das súas numerosas viaxes en Estados Unidos e en Europa, Fernando Botero desenvolveu un estilo propio e do cal a súa natureza morta Naturaleza muerta con Mandolina, de 1957, constitúe a primeira manifestación. Este estilo, que se pode observar tanto nas súas pinturas ou debuxos coma nas súas esculturas, permítelle non ser asociado a ningún movemento ou corrente, pasado ou presente. Por outra banda, a súa obra colle inspiración esencialmente da arte precolombiana e da arte popular.


4[editar a fonte]

Juan Manuel Santos and Lula (cropped).jpg

Juan Manuel Santos, nado en Bogotá o 10 de agosto de 1951, é un político, xornalista e economista colombiano, presidente de Colombia dende o 7 de agosto de 2010 até o 7 de agosto de 2018. Logo de exercer como xornalista, introduciuse na política facéndose membro do Partido Liberal Colombiano, foi ministro de Comercio Exterior durante o goberno de César Gaviria, máis tarde fixo parte do goberno do conservador Andrés Pastrana Arango no que se desempeñou como ministro de Facenda. Pertence á familia Santos, anterior propietaria de El Tiempo. Tamén é curmán de Francisco Santos, vicepresidente de Colombia durante o goberno de Álvaro Uribe.

Tomou posesión como presidente o 7 de agosto de 2010. O 15 de xuño de 2014 foi reelixido presidente para o período 2014-2018. O 7 de outubro de 2016, foi distinguido co Premio Nobel da Paz polo seu intento de chegar a un acordo coas FARC, malia o plebiscito infrutuoso.


5[editar a fonte]

Pablo Escobar Mug.jpg

Pablo Escobar, nado en Rionegro, Antioquia, o 1 de decembro de 1949 e finado en Medellín o 2 de decembro de 1993, foi un narcotraficante colombiano. Foi o máximo líder do Cartel de Medellín e do grupo coñecido como Los Extraditables, chegou a ser o home máis poderoso da mafia colombiana, e mailo criminal máis rico e perigoso da súa época en todo o mundo.

Organizou e financiou unha extensa rede de sicarios e, cos seus actos terroristas mediante o emprego de coches bomba nas principais cidades, desestabilizou Colombia, converténdose no criminal máis buscado do mundo a comezos dos anos 1990. Tras fuxir do cárcere en xullo de 1992, o goberno de Colombia destinou uns catro mil efectivos e unha cantidade inxente de recursos para conformar o denominado Bloque de buscae recapturalo. Tras dezasete meses, e co respaldo incondicional de grupos da intelixencia estadounidenses, localizárono nun barrio de Medellín, morrendo nun tiroteo coas forzas da lei.


6[editar a fonte]

John Leguizamo by Gage Skidmore.jpg

John Leguizamo, nado o 22 de xullo de 1964 en Bogotá, é un humorista e actor colombiano-estadounidense.

Fillo dun arquitecto e dunha colombiana, en 1970 mudouse coa súa familia a Nova York, alí estudou teatro na Universidade de Long Island, actuou en varias obras teatrais Off-Broadway. En 1984 apareceu nalgúns episodios de "Miami Vice" e en 1985 realizou o seu primeiro papel no cine en "Mixed Blood" de Paul Morrisey, entre outros filmes salientan Corazóns de ferro (1989, Whispers in the Dark (1992), To Wong Foo, Thanks for Everything! Julie Newmar (1995), que lle supuxo a súa primeira nomeamento aos Globos de Ouro, Romeo + Juliet (1996), Spawn (1997), Moulin Rouge! (2001), Collateral Damage (2002), Assault on Precinct 13 (2005), Love in the Time of Cholera (2007), Miracle at St. Anna (2008) e The Happening (2008). Gañou un Emmy polo telefilme Freak de Spike Lee, unha actuación da obra de teatro do mesmo nome.


7[editar a fonte]

Policarpa Salabarrieta.jpg

Policarpa Salavarrieta, , nada o 26 de xaneiro de 1795, e finada o 14 de novembro de 1817, tamén coñecida como "La Pola," era unha costureira neogranadina que espiou para as Forzas Revolucionarias durante a Reconquista do Vicerreinado de Nova Granada. Foi capturada polos realistas españois e finalmente executada por alta traizón. É considerada unha heroína da independencia de Colombia.

Carolina Ramírez interpretou a Salavarrieta en La Pola, unha serie de televisión de 2010 baseada na súa vida.


8[editar a fonte]

TISQUESUSA1.jpg

Tisquesusa, tamén escrito Thisquesuza, Thysquesuca ou Thisquesusha foi o cuarto zipa de Bacatá, que hoxe é a actual capital de Colombia, Bogotá. Tisquesusa foi o gobernante da parte sur dos territorios muiscas no intre da chegada dos españois ás terras altas colombianas. A súa contraparte na área norte, o zaque da confederación muisca, foi Quemuenchatocha.

Un sacerdote de Ubaque, chamado Popón, profetizara a Tisquesusa que morrería "afogado no seu propio sangue" por mor duns estranxeiros chegados de terras arredadas. Tisquesusa refuxiouse nas selvas de Facatativá, pero cando os españois volveron a Bacatá, seguíronlle a pista e rodearon o bosque onde se agochaba. Acamparon en Facatativá e unha noite, mentres Tisquesusa intentaba fuxir, un soldado español, sen saber de quen se trataba, atravesoulle unha espada no peito e rouboulle a rica manta de algodón pintado que portaba o zipa.


9[editar a fonte]

Shakira 2011.jpg

Shakira, nada en Barranquilla o 2 de febreiro de 1977, é unha cantante colombiana de música pop e rock en castelán e inglés.

É filla de Nidia del Carmen Ripoll Torrado, colombiana de ascendencia catalá, e William Mebarak Chadid, libanés. En 1996 debutou con éxito no mercado discográfico hispanoamericano despois de publicar o seu álbum Pies descalzos. A súa fama creceu a nivel mundial no ano 2001 cando lanzou Servicio de lavandería.

A artista vendeu máis de 60 millóns de discos en toda a súa carreira discográfica. Gañou en dúas ocasións o Premio Grammy e sete veces o Grammy Latino


10[editar a fonte]

Gabriel Garcia Marquez.jpg

Gabriel García Márquez, nado en Aracataca o 6 de marzo de 1927 e finado en Cidade de México o 17 de abril de 2014, foi un escritor, xornalista, editor e activista político colombiano. É considerado un dos autores máis significativos do século XX. Obtivo o Premio Nobel de Literatura en 1982, segundo a laudatoria da Academia Sueca polas súas novelas e historias curtas, nas que o fantástico e o real son combinados nun tranquilo mundo de imaxinación rica, reflectindo a vida e os conflitos dun continente. O xénero utilizado por García Márquez é o realismo máxico, sendo a súa novela máis recoñecida, Cien años de soledad, unha das máis representativas deste xenero. Ademais do seu talento literario, na obra de García Márquez aparecen reflectidas as súas ideas políticas. Un exemplo da súa participación política é a súa amizade co líder cubano Fidel Castro.

Coñecido familiarmente como "Gabo" (e tamén Gabito) (hipocorístico guajiro para Gabriel), desde que o seu compañeiro do diario bogotano El Espectador, José Salgar, comezase a chamalo así.