Saltar ao contido

Pobos indíxenas de Colombia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pobos indíxenas de Colombia

Poboación indíxena de Colombia por concello no 2005.

     61,4% - 100%      29,6% - 61,3%      11,7% - 29,5%      2,9% - 11,6%      0% - 2,8%

     Sen datos

Instancia deetnia Editar o valor en Wikidata
Subclase depobos indíxenas de América do Sur e Colombianos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
LinguaLinguas indíxenas de Colombia e castelán
RelixiónCatolicismo, evanxelismo, crenzas tradicionais
RelacionadosOutros pobos indíxenas de América e mestizos
Poboación
Poboación total1 905 617 (censo de 2018)[1][2]
4,31% da poboación colombiana

c. 5.200.000 (estimación)
~10% da poboación colombiana[3][4][5]
2%–10.4%[4][6][7] da poboación colombiana (outras fontes)
Rexións principais:
La Guajira394 683
Cauca308 455
Nariño206 455
Córdoba202 621
Córdoba104 890
Wikidata ]
Bandeira dos amerindios de Colombia.

Os pobos indíxenas de Colombia ou nativos colombianos, son uns grupos étnicos que habitan en Colombia dende antes da chegada dos europeos no século XVI. No ano 2018, comprendían o 4,4% da poboación do país e están formados por 87 tribos diferentes.[2][1]

As estimacións sobre a porcentaxe de colombianos que son indíxenas varían, desde o 3% ou 1,5 millóns ata o 10% ou 5 millóns. Segundo as fontes oficiais,[8] a poboación indíxena ou amerindia en Colombia, no 2018, foi de 1 905 617. Porén unha enquisa do Latinobarómetro dese mesmo ano revelou que o 10,4% dos colombianos se autoidentifica como indíxena.[4][5] A estimación máis recente do número de persoas indíxenas en Colombia sitúase en torno ao 9,5% da poboación. Isto significa que Colombia ten a sétima porcentaxe máis alta de indíxenas de América, por detrás de Bolivia, Chile, Ecuador, Guatemala, o Perú e Panamá.[3] A porcentaxe de persoas indíxenas foi crecendo dende o mínimo histórico de 1965, cando se estimaba que só o 1% dos colombianos eran indíxenas.[9] Aproximadamente dous terzos dos indíxenas de Colombia viven nos departamentos de La Guajira, Cauca e Nariño, Córdoba e Sucre. Malia que a rexión da Amazonía está pouco poboada, é o fogar de 70 grupos étnicos diferentes.[1]

Tanto historicamente coma nos últimos tempos, foron obxecto de violencia e opresión, que van dende o roubo de terras até masacres e asasinatos selectivos de activistas e políticos indíxenas.[10]

Historia da poboación

[editar | editar a fonte]

Na era precolombiana, a poboación total do territorio da actual Colombia estimouse nunhas 6 millóns de persoas.[11][12] Porén, despois da conquista española, a poboación de Colombia reduciuse a só 750 mil persoas, sendo os nativos o 80% da poboación con 600 mil persoas.[13] Esta poboación minguaría aínda máis despois da independencia cando a poboación creceu ata os 1.327 millóns nos que os indíxenas constituían o 53% da poboación con 700 mil persoas.[14] No censo de 1912, a poboación autóctona representaba o 6,3% da poboación, por debaixo do 17,8% informado en 1852, que máis tarde descendeu ao 1% no censo de 1993. Porén, debido ao maior recoñecemento do goberno, a porcentaxe de indíxenas rexistrados pasou do 1% ao 3,4% no censo de 2005 e, posteriormente, ao 4,3% no censo de 2018.[15] Este descenso demográfico pódese explicar polas políticas liberais aplicadas polas novas elites republicanas, que tentaron abolir a propiedade colectiva da terra indíxena previamente recoñecida pola monarquía española, e obrigaron aos indíxenas a asimilarse á cultura nacional dominante. [16] A partir de 2023, a poboación total de Colombia creceu significativamente ata os 52 millóns de persoas, na que se estima que os nativos representan ao redor do 10% da poboación, con 5,2 millóns de persoas, a razón do aumento débese a unha maior concienciación entre os colombianos sobre a súa identidade indíxena e dende a constitución de 1991, que daba máis dereitos legais ás comunidades indíxenas.[17] Malia a redución en porcentaxe da poboación total, os indíxenas constitúen gran parte da ascendencia xenética dos colombianos. Un estudo de Rojas et al. determina que o colombiano medio (de todas as razas) ten unha mestura de 47% indíxena, 42% europeo e 11% africanos[18] sendo os nativos a contribución xenética máis significativa neste estudo.

Colombianos indíxenas 1600-2023
Ano Poboación % de
Colombia
1600 600.000 80%
1825 700.000 53%
1852 421.000 17,8%
1912 344.198 6,79%
1918 158.428 2,71%
1938 100.422 1,15%
1951 157.791 1,37%
1964 119.180 0,68%
1973 383.629 1,86%
1985 237.759 0,79%
1993 532.233 1,61%
2005 1.392.623 3,40%
2018 1.905.617 4,31%
2023 (estimación) c. 5.200.000 10%
Fonte: Censo de Colombia[19][20][note 1]

Territorios

[editar | editar a fonte]

Os pobos indíxenas ocupan porcións substanciais de Colombia, principalmente en forma de reservas indíxenas (en castelán: resguardos), que abranguen un terzo da superficie do país.[1] A división de Asuntos Indíxenas do Ministerio do Interior ten 567 reservas que supoñen 365 004 km², e nos cales viven 800 272 en 67 503 familias.[21]

Principais grupos étnicos

[editar | editar a fonte]
Mulleres emberá, un dos meirandes grupos étnicos indíxenas de Colombia.
Nenos emberá katío durante unha protesta contra a construción do encoro de Urrá.

Segundo a Organización Nacional Indíxena de Colombia (ONIC), hai 102 grupos indíxenas en Colombia.[22]

Os pobos das terras altas pertencen á cultura dos Andes e de Serra Nevada de Santa Marta de Colombia, mentres que os pobos das terras baixas son os habitantes Chocó, Amazonía, Guajira, a Costa Caribe e outras culturas non montañosas.

Pobos das terras altas

[editar | editar a fonte]

Pobos das terras baixas

[editar | editar a fonte]
Os wayuu son o meirande pobo indíxena de Colombia.
  1. O motivo da discrepancia débese principalmente ao feito de que os indíxenas colombianos están infracontados nos censos e/ou optan por identificarse cunha raza diferente.

Referencias

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Indigenous peoples in Colombia". International Work Group for Indigenous Affairs. Consultado o 11 de decembro de 2013.
  2. 2,0 2,1 POBLACIÓN INDÍGENA DE COLOMBIA RESULTADOS DEL CENSO NACIONAL DE POBLACIÓN Y VIVIENDA 2018
  3. 3,0 3,1 "Raza/Etnia a la que pertenece". Latinobarómetro 2023 Colombia. Consultado o 13 de febreiro de 2024. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Informe Latinobarómetro 2018". Latinobarometro. Consultado o 3 de outubro de 2022. 
  5. 5,0 5,1 "Informe Latinobarómetro". Latinobarometro. Consultado o 30 de xaneiro de 2024. 
  6. Simon Schwartzman. "Étnia, condiciones de vida y discriminación" (PDF). Consultado o 2 de marzo de 2022. 
  7. Ruiz-Linares, Andrés; Adhikari, Kaustubh; Acuña-Alonzo, Victor; Quinto-Sanchez, Mirsha; Jaramillo, Claudia; Arias, William; Fuentes, Macarena; Pizarro, María; Everardo, Paola; Avila, Francisco de; Gómez-Valdés, Jorge (2014-09-25). "Admixture in Latin America: Geographic Structure, Phenotypic Diversity and Self-Perception of Ancestry Based on 7,342 Individuals". PLOS Genetics (en inglés) 10 (9): e1004572. Bibcode:2014PLOSG..10.4572R. ISSN 1553-7404. PMC 4177621. PMID 25254375. doi:10.1371/journal.pgen.1004572. 
  8. DANE 2005 Datos Preliminares, Censo Nacional de Poboación de 2005
  9. Rueda, Ricardo (1974). La población de Colombia. Asociación Colombiana para el Estudio de la Población. p. 78.
  10. Alexander, Inigo. "Colombia's Indigenous population faces scourge of violence". Al Jazeera. Consultado o 12 de decembro de 2023. 
  11. Juan Friede (1966). Invasión del país de los chibchas. Santa Fe de Bogotá: Ediciones Tercer Mundo, pp. 19
  12. "Caída de la población indígena en Colombia, 1500-1630: tres escenarios" [Decline of the indigenous population in Colombia, 1500-1630: three scenarios] (PDF). Banco de la República. 
  13. Rosenblat, 1954: 59
  14. Rosenblat, 1954: 36-56
  15. Palacios, Marco (2002). Colombia. País fragmentado, sociedad dividida. Grupo Editorial Norma. p. 373. 
  16. Instituciones indigenistas en el siglo xix
  17. Estimates from Latinobarómetro in 2018 and 2023
  18. Genetic Make Up and Structure of Colombian Populations by Means of Uniparental and Biparental DNA Markers
  19. "Distribución de la población colombiana según pertenencia étnica" (PDF). Documento DANE - Las Estadísticas Vitales en Colombia. Consultado o 27 de outubro de 2016. 
  20. "Estadística de los grupos étnicos 2018". Censo General 2018. Departamento Administrativo Nacional de Estadística (DANE). Consultado o 10 de febreiro de 2020. 
  21. Fundación Hemera (ed.). "Los resguardos indígenas" (en español). Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2008. Consultado o 1 de agosto de 2008. 
  22. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2014. Consultado o 27 de abril de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Arango Ochoa, Raúl. 2004 Los pueblos indígenas de Colombia en el umbral del nuevo milenio: población, cultura y territorio: bases para el fortalecimiento social y económico de los pueblos indígenas. Bogotá: Departamento Nacional de Planeación.
  • Organización Nacional Indígena de Colombia 2002 Aspectos históricos, políticos, económicos, ambientales y culturales de la problemática de los pueblos indígenas y afrocolombianos del Pacífico Bogotá: ONIC.
  • Chaves Chamorro, Margarita. 2002 "Jerarquías de color y mestizaje: en la amazonia occidental colombiana"; Revista Colombiana de Antropología 38: 189-216.
  • Ulloa, Astrid. 2004 La construcción del nativo ecológico: complejidades, paradojas y dilemas de la relación entre los movimientos indígenas y el ambientalismo en Colombia. Bogotá: Instituto Colombiano de Antropoloxía e Historia.
  • CECOIN (2008) La tierra contra la muerte. Bogotá: Ediciones Anthropos. ISBN 978-958-95143-6-8
  • Ideologia mesianico del mundo andino, Juan M. Ossio Acuña, Edición de Ignacio Prado Pastor

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]