Barranquilla
Coordenadas: 10°57′50″N 74°47′47″O / 10.96389, -74.79639
Barranquilla | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Vistas da cidade. | |||
Localización | |||
País | Colombia ![]() | ||
Departamento | ![]() | ||
Xeografía | |||
Altitude | 18 msnm | ||
Superficie | 154 [1] km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 1 232 766 (2018)[2][3] | ||
Densidade | 8004,97 hab/km² | ||
Xentilicio | Barranquillero, ra | ||
Outros datos | |||
Código postal | 080001-080005, 080010-080016, 080020[4] | ||
Alcalde | ![]() | ||
barranquilla.gov.co |
Barranquilla é unha cidade de Colombia, capital do departamento colombiano do Atlántico, cunha poboación de 1 219 731 habitantes. A cidade fundouse en 1629. Atópase sobre a marxe occidental do río Magdalena a 7,5 km da súa desembocadura no mar Caribe. En 1993 foi organizada constitucionalmente en distrito especial, industrial e portuario.[5] É o principal centro económico da Rexión Caribe de Colombia, entre as actividades económicas salientan o comercio e a industria.[6]
O estabelecemento da cidade data da terceira década do século XVII, cando os sectores lindeiros ó río Magdalena comezaron a poboarse arredor de mercedes outorgadas pola Coroa Española. Durante a época da Independencia, Barranquilla distinguiuse polo apoio dos seus habitantes á causa libertadora, o que lle valeu ser erixida en vila en 1813. Na segunda metade do século XIX adquire importancia estratéxica e económica ó comezar a navegación a vapor polo río Magdalena, o que lle permitiu converterse no principal centro exportador do país até a primeira metade do século XX. Dende finais do século XIX até os anos 1930, Barranquilla foi o principal punto de entrada a Colombia de miles de inmigrantes e de adiantos como a aviación, a radio comercial e a telefonía, así como de varios deportes.
A poboación de Barranquilla é de 1 228 621 persoas, o que a converte na cuarta cidade máis poboada do país detrás de Bogotá, Medellín e Cali. A cidade é o núcleo da Área Metropolitana de Barranquilla, a cal está constituída ademais polos concellos de Soledad, Malambo, Galapa e Puerto Colombia. O conglomerado alberga a 2 050 127 habitantes, e ocupa tamén a cuarta posición entre as conurbacións do país.[2] Como capital departamental, Barranquilla é sede da Gobernación do Atlántico, da Asemblea Departamental e do Tribunal Superior do Atlántico, máximo órgano xudicial do departamento.
Barranquilla é sede dunha das festividades folclóricas e culturais máis salientables de Colombia, o carnaval de Barranquilla, declarado Patrimonio Cultural da Nación polo Congreso de Colombia en 2001 e Patrimonio Oral e Inmaterial da Humanidade pola Unesco en 2003.[7][8] A cidade foi designada Capital Americana da Cultura en 2013.[9]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Información general". Consultado o 19 de xullo de 2010.
- ↑ 2,0 2,1 "Censo DANE 2005" (PDF). Consultado o 9 de xullo de 2008.
- ↑ "ESTIMACIONES DE POBLACIÓN 2006-2007" (PDF). Páxina 80. Consultado o 9 de maio de 2018.
- ↑ elheraldo.co. "Código postal del departamento del Atlántico". Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2011. Consultado o 13 de decembro de 2011.
- ↑ "Constitución Política de Colombia. Artículo 356. Adicionado por el artículo 2.º del acto legislativo número 1 de agosto 18 de 1993" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de decembro de 2007. Consultado o 9 de xullo de 2008.
- ↑ "Composición de la economía de la región Caribe de Colombia". Banco de la República (banco central de Colombia). 22 de maio de 2013. Consultado o 21 de novembro de 2017.
- ↑ "Proclamación 2003: "El carnaval de Barranquilla"". Sector da Cultura da Unesco. Consultado o 24 de maio de 2008.
- ↑ Fundación Carnaval de Barranquilla. "Patrimonio de la Nación". Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2008. Consultado o 13 de outubro de 2008.
- ↑ Lina Robles Luján - El Heraldo. "Barranquilla, elegida Capital de la Cultura 2013". Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2012. Consultado o 21 de xullo de 2012.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Barranquilla ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina oficial (en castelán)
![]() |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |