A Magdalena, Ribadelouro, Tui

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Magdalena»)
A Magdalena
ParroquiaRibadelouro
ConcelloTui
Coordenadas42°05′52″N 8°38′26″O / 42.097821695703, -8.6405925918971Coordenadas: 42°05′52″N 8°38′26″O / 42.097821695703, -8.6405925918971
Poboación55 hab. (2019)
editar datos en Wikidata ]

A Magdalena é un lugar da parroquia de Ribadelouro no concello pontevedrés de Tui na Comarca do Baixo Miño. Tiña unha poboación censada de 55 habitantes no ano 2019 segundo datos do Instituto Galego de Estatística, dos cales 23 eran homes e 32 mulleres, o que representa un descenso en relación ó ano 2010, cando tiña 54 veciños, descenso que é aínda maior respecto ao ano 2004, cando eran 60 veciños.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A Magdalena exerce de centro parroquial de Ribadelouro, tanto a nivel económico coma social. A consecuencia disto, neste barrio están situados algúns dos elementos patrimoniais máis relevantes da parroquia, comezando pola propia igrexa.

  • Igrexa de Santa Comba (s. XIX): edificación do ano 1824, construída sobre outra anterior de época románica da que non se conservan restos[1].
  • Reitoral (s. XVII): situada a carón da Igrexa parroquial. Aínda que a edificación é do século XVII tamén conta con engadidos e modificacións posteriores do século XVIII.
  • Cruceiro da Magdalena (s. XIX)[2]
  • Calvario de Ribadelouro (s. XIX)[3]

Lugares e parroquias.[editar | editar a fonte]

Lugares de Ribadelouro[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Ribadelouro no concello de Tui (Pontevedra)

Barreiro | Bouzón | O Castro | A Costa | Cotarel | O Cruceiro | A Eira Vella | Espendelo | A Farrapa | A Fernal | A Fonte | A Gándara | A Magdalena | O Mallón | Marxiáns | O Monte | Mourentán | Oia | O Porto de Bouzas | San Simón | Vides

Parroquias de Tui[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Tui

Areas (Santa Mariña) | Baldráns (Santiago) | Caldelas de Tui (San Martiño) | Guillarei (San Mamede) | Malvas (Santiago) | Paramos (San Xoán) | Pazos de Reis (O Sagrario) | Pexegueiro (San Miguel) | Randufe (Santa María da Guía) | Rebordáns (San Bartolomeu) | Ribadelouro (Santa Comba) | Tui (O Sagrario)

  1. "Igrexa parroquial de Santa Comba de Ribadelouro". Patrimonio Galego. Consultado o 2020-10-02. 
  2. "Cruceiro da Magdalena". Patrimonio Galego. Consultado o 2020-10-02. 
  3. "Calvario de Ribadelouro". Patrimonio Galego. Consultado o 2020-10-02.