Volta a Cataluña
Aparencia
| Nome oficial | Volta Ciclista a Catalunya |
|---|---|
| Tipo | carreira por etapas |
| Deporte | ciclismo en ruta |
| Epónimo | Cataluña |
| Organizador | Volta Ciclista a Catalunya Associació Esportiva (en) |
| Parte de | UCI WorldTour |
| Localización e Datas | |
| País | España |
| Vixencia | 1911 – |
| Período de ocorrencia | 1 ano |
| Datos estatísticos | |
| Máis títulos | Mariano Cañardo (pt) |
| Outro | |
| Páxina web oficial | voltacatalunya.cat |
A Volta Ciclista a Catalunya é unha carreira ciclista por etapas que se disputa en Cataluña.
Historia
[editar | editar a fonte]Celebrou a súa primeira edición en 1911, sendo a competición ciclista por etapas máis antiga de España e a terceira do mundo, por detrás do Tour de Francia 1903 e o Giro de Italia 1909.
En 2005 se integrou no programa do recentemente creado UCI ProTour o que, na práctica, a sitúa entre as 25 competicións ciclistas máis importantes do mundo.
A proba foi impulsada pola Unió Velocipèdica Catalana e o Club Deportivo de Barcelona, aínda que a partir da quinta edición asumiu a organización a Unió Esportiva Sants.
O vencedor da edición do ano 2017 foi o murciano Alejandro Valverde. O ciclista máis galardoado é o navarro Mariano Cañardo, con sete títulos.