Tunja

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 5°32′25″N 73°21′41″O / 5.54028, -73.36139

Tunja
Flag of Tunja.svg
Escudo de Tunja.svg
Collage Tunja.jpg
Vistas da cidade.
Localización
Tunja en Colombia
Tunja
Tunja
PaísFlag of Colombia.svg Colombia
DepartamentoBoyacá
RexiónCentro
Xeografía
Altitude2 782[1] msnm
Superficie121,49[1] km²
Demografía
Poboación195 496 (2017)[2]
Densidade1656,75 hab/km²
XentilicioTunjano/a[1]
Outros datos
Código postal150001–150009[3]
AlcaldePablo Emilio Cepeda Novoa (2016-2019)
Páxina oficial

Tunja é un concello colombiano, capital do departamento de Boyacá, que se atopa sobre a cordilleira oriental dos Andes, a 130 km ó nordés de Bogotá. É a cidade capital máis alta do país. Tunja foi construída sobre Hunza, unha das capitais da confederación muisca o 6 de agosto de 1539. Co seu título de cidade outorgado pola coroa española, Tunja chegou a converterse nun fortín para colonos emigrantes de Castela, Estremadura e Andalucía, e un dos maiores centros administrativos, xudiciais, políticos e culturais do país. Durante o axitado período da independencia, constituíuse como capital da República de Tunja o 9 de decembro de 1811.

Tunja alberga un conxunto monumental protexido no seu Centro Histórico e declarado patrimonio da Nación en 1959.[4][5] Ó longo da súa historia, Tunja foi recoñecida como un importante centro literario, científico, cultural e histórico. É considerada como a cidade Universitaria de Colombia, e é a sede de eventos de carácter internacional como o Festival Internacional da Cultura de Boyacá e do Aguinaldo Boyacense.[6][7][8]

Tunja é igualmente a cidade máis segura de Colombia segundo o informe presentado polo Centro Internacional para a Prevención da Criminalidade.[9] En canto á economía segundo o DANE, o desenvolvemento recente de infraestrutura e da industria da construción contribuíron a un aumento do PIB de 4.0% en 2014.[10]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O seu nome actual derívase do termo Hunza, ou tamén Junza ou Tchunza[11] Nunca se lle deu oficialmente o nome de Santiago de Tunja. Esta denominación xorde da primeira división en parroquias que tivo a cidade, que a organizou na parroquia da nosa Señora das Neves, ó norte; Santa Bárbara, ó sur, e Santiago de Tunja, no centro. O patrón da cidade de Tunja e da Catedral é o Apóstolo Santiago o Maior. Por iso adquire o nome de Parroquia de Santiago de Tunja.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Información general de Tunja" (en castelán). Alcaldía do concello. Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2014. Consultado o 1 de maio de 2015. 
  2. "Resultados y proyecciones (2005-2020) del censo 2005". DANE. Consultado o 12 de xaneiro de 2017. 
  3. "4-72 La Red Postal de Colombia". Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2011. Consultado o 9 de novembro de 2011. 
  4. Congreso de Colombia (ed.). "Ley de defensa y conservación del patrimonio histórico, artístico y monumentos nacionales" (PDF). Consultado o 15 de setembro de 2018. 
  5. Moreno, Víctor Hugo (8 de xuño de 2000). El Tiempo, ed. "Tunja, para volver al pasado" (en castelán). Boyacá. Consultado o 18 de agosto de 2018. 
  6. Ocampo López, Javier (5 de maio de 1995). El Tiempo, ed. "Tunja, cidudad universitaria" (en castelán). Consultado o 15 de setembro de 2018. 
  7. Ministerio de Educación de Colombia (ed.). "Tunja, como ciudad universitaria, honra a Colombia" (en castelán). Consultado o 15 de agosto de 2018. 
  8. Banco da República de Colombia (ed.). "Tunja, ciudad que emerje" (en castelán). Consultado o 18 de agosto de 2018. 
  9. Centro Internacional para la prevención de la criminalidad (ed.). "Prevención de la criminalidad y seguridad ciudadana" (PDF) (en castelán). 
  10. "ICER Boyacá 2015" (PDF) (en castelán). Consultado o 15 de setembro de 2018. 
  11. "Nombre de Santiago de Tunja" (en castelán). Consultado o 15 de setembro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]