Palacio de Capitanía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Palacio de Capitanía da Coruña»)
Palacio de Capitanía Xeneral
Edificio
LocalizaciónPraza da Constitución, 2,
15001, A Coruña
Coordenadas43°22′09″N 8°23′36″O / 43.369224715126, -8.3932512761804Coordenadas: 43°22′09″N 8°23′36″O / 43.369224715126, -8.3932512761804
Palacio de Capitanía en Galicia
Palacio de Capitanía
Palacio de Capitanía
Localización en Galicia.
Uso(s)Sede da Forza Loxística Operativa
Construción
Inicio1748
Remate1752
Dimensións
Plantas3
Equipo
Arquitecto(s)Juan Vergel, Francisco Llobet
editar datos en Wikidata ]

O Palacio de Capitanía é un edificio barroco situado na Cidade Vella da Coruña.

Descrición[editar | editar a fonte]

O palacio é un edificio de planta rectangular arredor dun patio porticado. É de estilo barroco clasicista como impulsaban os enxeñeiros militares. A fachada, composta por cinco panos, está inspirada en modelos franceses. Ten dúas plantas que se corresponde coas dúas funcións orixinarias do edificio. A última planta foi transformada en 1750 e conta con máis decoración que as outras dúas.[1] Na fachada pode verse un dos primeiros escudos de Galicia nun edificio público.[2]

No interior do edificio destacan dúas escalinatas e unha cisterna abovedada. Na parte exterior unha escaleira barroca leva do edificio ao xardín privado, que está arrodeado por restos da antiga muralla.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

O edificio construíuse para acoller a sede da Real Audiencia e a Capitanía Xeneral de Galicia. Levantouse por Real Orde de Fernando VI en 1748 sobre un edificio anterior de madeira estragado e financiouse por un imposto sobre o viño vendido en Galicia. O proxecto inicial foi de Juan Vergel, que faleceu en 1750 e foi substituído por Francisco Llovet, que fixo varios cambios no proxecto.[3]

En 1808 formouse no edificio a Xunta Suprema do Reino de Galicia.[4]

A división en Capitanías Xenerais desapareceu en 1931, mais o palacio seguiu a ser sede de Rexión Militar ata a desaparición destas en 2002.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 PEPRI
  2. "Palacio de Capitanía". Coruña Educación. Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2016. Consultado o 06 de xaneiro de 2016. 
  3. Palacio de Capitanía Xeral
  4. Laredo Verdejo, Xosé Luis (1990). Galicia Enteira. Edicións Xerais. 
  5. Gutiérrez, José Manuel (24 de febreiro de 2013). "Un palacio para reflejar el poder del rey". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 4 de xaneiro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]