Copa de Europa 1985-86

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A tempada 1985-86 da Copa de Europa de fútbol organizada pola UEFA disputouse entre outubro de 1985 e maio de 1986, e nel participaron 31 equipos de 30 países. Nesta 31ª edición da Copa de Europa o equipo romanés do Steaua acadou o seu primeiro e único título continental, vencendo na final disputada no estadio Sánchez Pizjuán de Sevilla ao FC Barcelona.

Esta foi a primeira tempada na que o fútbol inglés foi afastado das competicións europeas por mor da sanción imposta pola UEFA tralos feitos acontecidos en Bruxelas na final anterior, e que se coñecen como a Traxedia de Heysel.

Dezaseisavos de final[editar | editar a fonte]

Equipo Local Ida Resultado Equipo Visitante Ida Ida Volta
Górnik Zabrze Polonia 2 - 6 Alemaña Bayern Munich 1 - 2 1 - 4
Dinamo Berlín República Democrática Alemá 1 - 4 Austria FK Austria Viena 0 - 2 1 - 2
RSC Anderlecht[1] Bélxica Pasa. - -
Rabat Ajax FC Flag of Malta.svg   0 - 10 Chipre AC Omonia 0 - 5 0 - 5
Budapest Honvéd FC Hungría 5 - 1 Flag of Ireland.svg Shamrock Rovers FC 2 - 0 3 - 1
Vejle BK Dinamarca 2 - 5 Romanía Steaua de Bucarest 1 - 1 1 - 4
Zenit Leningrado Unión Soviética 4 - 0 Flag of Norway.svg Vålerenga IF 2 - 0 2 - 0
Kuusysi Finlandia 4 - 2 Iugoslavia FK Sarajevo 2 - 1 2 - 1
Linfield FC 3 - 4 Suíza Servette FC 2 - 2 1 - 2
ÍA Akranes Islandia 2 - 7 Escocia Aberdeen FC 1 - 3 1 - 4
IFK Göteborg Flag of Sweden.svg 5 - 3 Bulgaria Trakia Plovdiv 3 - 2 2 - 1
Girondins de Bordeaux Francia 2 - 3 Flag of Turkey.svg Fenerbahçe SK 2 - 3 0 - 0
TJ Sparta ČKD Praha Checoslovaquia     2 - 2(v) España FC Barcelona 1 - 2 1 - 0
FC Porto Portugal 2 - 0 Países Baixos Ajax Ámsterdan 2 - 0 0 - 0
Hellas Verona FC Italia 5 - 2 Grecia PAOK Salónica FC 3 - 1 2 - 1
Jeunesse Esch Luxemburgo 1 - 9 Italia Juventus FC 0 - 5 1 - 4

Rondas seguintes[editar | editar a fonte]

Oitavos de final Cuartos de final Semifinais Final
 23 de outubro - 7 de novembro  5 de marzo - 19 de marzo  2 de abril - 16 de abril  7 de maio (Sevilla)
                                     
           
 Alemaña Bayern Munich  4  3
 Austria FK Austria Viena  2  3  
 Alemaña Bayern Munich  2  0
   Bélxica RSC Anderlecht  1  2  
 Bélxica RSC Anderlecht  1  3
 Chipre AC Omonia  0  1  
 Bélxica RSC Anderlecht  1  0
   Romanía Steaua Bucarest  0  3  
 Hungría Honvéd FC  1  1
 Romanía Steaua Bucarest  0  4  
 Romanía Steaua Bucarest  0  1
   Finlandia Kuusysi  0  0  
 Unión Soviética Zenit Leningrado  2  1
 Finlandia Kuusysi (pr)  1  3  
 Romanía Steaua B. (p)  0 (2)  
   España FC Barcelona  0 (0)  
 Suíza Servette FC  0  0
 Escocia Aberdeen FC  0  1  
 Escocia Aberdeen FC  2  0
   Flag of Sweden.svg IFK Göteborg (v)  2  0  
 Flag of Sweden.svg IFK Göteborg  4  1
 Flag of Turkey.svg Fenerbahçe SK  0  2  
 Flag of Sweden.svg IFK Göteborg  3  0 (4)
   España FC Barcelona (p)  0  3 (5)  
 España FC Barcelona (v)  2  1
 Portugal FC Porto  0  3  
 España FC Barcelona  1  1
   Italia Juventus FC  0  1  
 Italia Hellas Verona FC  0  0
 Italia Juventus FC  0  1  

Final[editar | editar a fonte]

Final
Competición Copa de Europa
Tempada 1985-86
Estadio Estadio Sánchez Pizjuán (Sevilla)
Capacidade 70.000
Campión Steaua de Bucarest
Finalista FC Barcelona
Resultado 0 - 0 (2-0 nos penaltis)
Campión


Finalista


A final da Copa de Europa na súa edición 1985-86 disputouse o 7 de maio de 1986 no Estadio Ramón Sánchez Pizjuán, ao cal acudiron 70.000 persoas, maioritariamente seareiros do FC Barcelona. Era a 1ª vez que este recinto acollía este evento.

A esta final chegaron o FC Barcelona e o Steaua de Bucarest. O conxunto catalán chegaba á súa 2ª final, en tanto que o equipo romanés debutaba nunha máxima final continental. Non obstante, nin uns nin outros tiñan este trofeo no seu palmarés, de xeito que nesta final nacería un campión inédito.

Os adestradores dos dous equipos eran Emerich Jenei (Steaua B.) e Terry Venables (FC Barcelona). Ningún deles tiña no seu palmarés ningún título europeo, e ámbolos dous debutaban nunha final.

O elixido para arbitrar esta final da Copa de Europa foi o francés Michel Vautrot.

O FC Barcelona chegaba á final despois de eliminar o Sparta de Praga en dezaseisavos de final, ó FC Porto en oitavos de final, á Juventus FC en cuartos, e ó IFK Göteborg nas semifinais. Tanto a eliminatoria de cuartos fronte á Juventus FC como a de semifinais fronte ó IFK Göteborg foron de infarto, e aínda son moi recordadas pola afección culé. Pola súa banda, o Steaua de Bucarest tivo que eliminar o Vejle BK dinamarqués en dezaseisavos de final, ó Honvéd FC húngaro en oitavos de final, ó FC Lahti Kuusysy finés en cuartos, e ó RSC Anderlecht belga en semifinais.

O encontro non foi bonito no tocante ó xogo que practicaron os dous equipos, o cal beneficiou ó Steaua de Bucarest, que sobre o papel era o menos favorito dos dous. O encontro chegou ós 90 minutos co resultado inicial de táboas, 0-0. Na prórroga tampouco houbo goles, e polo tanto houbo que ir ós lanzamentos dende o punto de penalti. Entón foi cando chegou o momento do xogador do encontro, o porteiro romanés Helmut Duckadam, que detivo tódolos lanzamentos do FC Barcelona, e permitiu que o Steaua de Bucarest (que anotou 2 dos seus lanzamentos) acadase a vitoria.

Este triunfo supuxo a primeira e única Copa de Europa da historia do Steaua de Bucarest.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O RSC Anderlecht clasificóuse directamente para oitavos de final por sorteo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]