Liga de Campións da UEFA 1999-00

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Liga de Campións da UEFA 1999-2000 foi a edición número 45 na historia desta competición. Disputouse entre xullo de 1999 e maio de 2000, coa participación inicial de 71 equipos, representantes de 47 federacións nacionais diferentes.

A primeira fase de grupos da competición deu comezo en setembro de 1999, con 32 equipos, e a segunda fase de grupos comezou en novembro de 1999 con 16 equipos. O campión final do torneo foi o Real Madrid, que bateu ó Valencia CF por 3 goles a 0. A final disputouse no Stade de France en París o 24 de maio de 2000. Era a 1ª ocasión na que a final da máxima competición continental se disputaba neste recinto, pero a 4ª ocasión na que a final tiña lugar en París tralas finais de 1956, 1975 e 1981. Para o Real Madrid esta vitoria supuxo a súa oitava conquista da máxima competición europea.

Primeira Fase de Grupos[editar | editar a fonte]

Nesta primeira fase de grupos competiron 32 equipos. A metade deles xa estaban clasificados directamente para esta fase polas boas participacións nas súas competicións nacionais na anterior tempada. Os outros 16 equipos participantes nesta primeira fase de grupos tiveron que pasar polas roldas previas de clasificación, (entre 1 e 3 roldas previas segundo o nivel da liga de cada equipo). Algúns dos equipos que tiveron que pasar polas roldas previas foron o Borussia Dortmund, Chelsea FC, PSV Eindhoven e o propio Valencia CF. Esta fase disputouse entre setembro e novembro.

Segunda Fase de Grupos[editar | editar a fonte]

Eliminatorias[editar | editar a fonte]

Cuartos de final Semifinais Final
 4/5 de abril - 18/19 de abril  2/3 de maio - 9/10 de maio  24 de maio (París)
                         
       
 España Real Madrid  0  3
 Inglaterra Manchester United  0  2  
 España Real Madrid  2  1
   Alemaña Bayern Múnic  0  2  
 Flag of Portugal.svg FC Porto  1  1
 Alemaña Bayern Múnic  1  2  
 España Real Madrid  3
   España Valencia CF  0
 España Valencia CF  5  0
 Italia SS Lazio  2  1  
 España Valencia CF  4  1
   España FC Barcelona  1  2  
 Inglaterra Chelsea FC  3  1
 España FC Barcelona  1  5  

Final[editar | editar a fonte]

Alineacións titulares dos dous equipos na final.
Final
Competición Liga de Campións da UEFA
Tempada 1999-00
Estadio Stade de France (París)
Capacidade 78.759
Campión Real Madrid
Finalista Valencia CF
Resultado 3 - 0
Campión


Finalista


O Valencia CF adestrado por Héctor Cúper presentouse por primeira vez na súa historia nunha final da Liga de Campións da UEFA co papel de favorito despois dunha tempada brillante, gañando a liga española e deixando polo camiño ó FC Barcelona en semifinais e ó Chelsea FC en cuartos. O seu rival era o Real Madrid de Vicente del Bosque, cuns xogadores moito mais experimentados en competicións europeas, pero que viña de rematar 5º na liga.

A final foi dominada polo conxunto madrileño, non tanto na posesión do balón, que foi dun 53% por un 47%, pero sí no que atinxe a ocasións de gol, con 11 tiros a porta entre os 3 paos, por 1 só do conxunto valenciano. Fernando Morientes adiantou ó Real Madrid no minuto 39. Steve McManaman puxo o 2-0 no taboleiro no minuto 67, e no minuto 75 Raúl González fixo o 3-0 definitivo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]