Mariano Pérez Retamar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Retamar
Información persoal
Nome Mariano Pérez Retamar
Nacemento 19 de agosto de 1919
Lugar de nacemento Sevilla
Falecemento 17 de outubro de 1997
Posición Dianteiros
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
Real Betis
Real Murcia
Sevilla FC
Racing de Santander
1945-1949 Celta de Vigo 98 (36)
RCD Mallorca
Recreativo de Huelva
Levante UD
Partidos e goles só en liga doméstica.
editar datos en Wikidata ]

Mariano Pérez Retamar, nado en Sevilla o 19 de agosto de 1919 e finado o 17 de outubro de 1997, foi un futbolista andaluz que xogaba na demarcación de dianteiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fichou polo Celta de Vigo en xullo de 1945 procedente do Racing de Santander e despois de xogar noutros equipos de Primeira División. Debutou en competición oficial no primeiro encontro o 23 de setembro, nunha tempada na que foi o terceiro xogador máis utilizado, anotando 9 tantos pese a xogar como extremo.

Nas catro tempadas que militou no Celta formou parte do equipo que na tempada 1947/48 logrou o cuarto posto no campionato ligueiro e o subcampionato da Copa do Rei. O equipo loitou pola Liga ata as últimas xornadas, conseguindo importantes vitorias como 1-4 contra o Real Madrid.

Xogou o seu último encontro co Celta o 21 de abril de 1949 nos oitavos de final da Copa do Rei ante o RCD Espanyol. Despois fichou polo RCD Mallorca, máis tarde xogaría no Recreativo de Huelva e no Levante.