Bartolomé Salas Ribot

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Salas
Información persoal
Nome completo Bartolomé Salas Ribot
Nacemento 30 de novembro de 1919
Lugar Palma,
Posición Defensas
Carreira xuvenil
Peña Soledad
Xuventude Antoniana
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
CD Malacitano
1940-1945 CE Constancia de Inca
1945-1946 Hércules CF 23 (0)
1946-1949 Celta de Vigo 50 (0)
1949-1952 Real Murcia
1952-1956 RCD Mallorca
* Partidos e goles só en liga doméstica.† Aparicións (Goles)

Bartolomé Salas Ribot, nado en Palma o 30 de novembro de 1919, foi un futbolista balear, que xogaba na demarcación de defensa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar ao fútbol no Peña Soledad e no Xuventude Antoniana. Durante a Guerra Civil Española serviu como soldado, participando na Batalla do río Ebro. Unha vez rematada a contenda fichou polo CD Malacitano, ata que volveu a Mallorca e fichou polo Constancia. Militou no equipo de Inca catro tempadas, nas cales incluso acadou o ascenso a Primeira División.

Ese mesmo ano, tempada 1945/46, no que o Constancia debutaría na máxima categoría ficha polo Hércules CF, porén o equipo descendería a Segunda División esa tempada.

En 1946 ficha polo Celta de Vigo, co que debutou o 22 de setembro de 1946 en Barcelona. A tempada seguinte sería unha das mellores da historia do club, na que loitou polo título de Liga ata as últimas xornadas e chegando á final da Copa do Xeneralísimo.

Militou no Celta catro anos, compartindo defensa con xogadores como José Mesa ou Cabiño. Xa iniciada a tempada 1949/50 ficha polo Real Murcia de Segunda División e co que acadou o ascenso ese mesmo ano. Porén o equipo volvería descender e tras un ano máis na categoría de prata deixou o equipo para volver a Mallorca e fichar polo RCD Mallorca, con 33 anos.

En 1956 recibiu a baixa do Mallorca e fichou polo Porreres para ao ano seguinte retirarse do fútbol xogando no Club Deportivo Soledad.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Ficha do xogador en Bdfutbol (en catalán)