Saltar ao contido

Liga de Campións da UEFA 1993-94

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaLiga de Campións da UEFA 1993-94
Nome na lingua orixinal(en) 1993–94 UEFA Champions League Editar o valor en Wikidata
TipoLiga de Campións da UEFA Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
OrganizadorUEFA Editar o valor en Wikidata
Número de participantes42 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
Intervalo de tempo18 de agosto de 1993 – 18 de maio de 1994 Editar o valor en Wikidata
Número de edición39 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoA.C. Milan (5º) Editar o valor en Wikidata
Datos estatísticos
Partidos75 Editar o valor en Wikidata
Goles217 Editar o valor en Wikidata
GolRonald KoemanFC Barcelona (8)
GolWynton Rufer (pt) TraducirWerder Bremen (8) Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialuefa.com… Editar o valor en Wikidata

A tempada 1993-94 da Liga de Campións da UEFA foi a 2ª edición da Liga de Campións da UEFA e a 39ª edición da máxima competición continental de fútbol organizada pola UEFA. O torneo disputouse entre outubro de 1993 e maio de 1994, e nel competiron 42 equipos, todos eles campións das súas ligas menos o AS Mónaco, que participou como substituto do Olympique de Marsella, o defensor deste título, que foi sancionado por corrupción, e mesmo descendido de categoría no campionato francés de liga.

Nesta edición da Liga de Campións da UEFA o FC Barcelona acadou a súa 4ª presenza nunha final da máxima competición europea de clubs, enfrontándose nela ó equipo italiano do AC Milán, no Estadio Spiros Louis de Atenas.

Rolda Previa

[editar | editar a fonte]
Equipo Local Ida Resultado Equipo Visitante Ida Ida Volta
B68 Toftir Illas Feroe  0 - 11Croacia NK Dinamo Zagreb0 - 50 - 6
Zimbru Chişinău 1 - 3 Beitar Jerusalem1 - 10 - 2
Skonto Riga (p)1 - 1    Eslovenia Olimpija Ljubljana0 - 11 - 0
Cwmbran Town Gales    4 - 4(v) Cork City FC3 - 21 - 2
Avenir Beggen Luxemburgo0 - 3 Rosenborg0 - 20 - 1
HJK Helsinki Finlandia2 - 1Estonia FC Norma Tallinn1 - 11 - 0
Dinamo Tbilisi     3 - 2[1]Linfield FC2 - 11 - 1
AC Omonia Nicosia Chipre2 - 3Suíza FC Aarau2 - 10 - 2
FK Ekranas Lituania0 - 2 Floriana FC0 - 10 - 1
Partizan Tirana 0 - 3Islandia ÍA Akranes0 - 00 - 3

Dezaseisavos de final

[editar | editar a fonte]
  • Participaron un total de 32 equipos, 22 deles clasificados directamente e 10 a través da eliminatoria previa.
Equipo Local Ida Resultado Equipo Visitante Ida Ida Volta
AS Monaco FC Francia2 - 1Grecia AEK Atenas1 - 01 - 1
Steaua Bucarest Romanía (v)4 - 4    Croacia NK Dinamo Zagreb1 - 23 - 2
Lech Poznań Polonia7 - 2 Beitar Jerusalem3 - 04 - 2
Skonto Riga 0 - 9 Spartak Moscova0 - 50 - 4
Budapest Honvéd FC Hungría3 - 5Inglaterra Manchester United FC2 - 31 - 2
Galatasaray SK 3 - 1 Cork City FC2 - 11 - 0
Dinamo de Kíiv Ucraína4 - 5España FC Barcelona3 - 11 - 4
Rosenborg 4 - 5Austria FK Austria Viena3 - 11 - 4
AIK Solna 1 - 2Checoslovaquia AC Sparta Praha1 - 00 - 2
HJK Helsinki Finlandia0 - 6Bélxica RSC Anderlecht0 - 30 - 3
Linfield FC3 - 4Dinamarca FC Copenhague3 - 0     0 - 4(pr)
FC Aarau Suíza0 - 1Italia AC Milan0 - 10 - 0
FC Porto Portugal2 - 0 Floriana FC2 - 00 - 0
ÍA Akranes Islandia1 - 3Países Baixos Feyenoord Rotterdam1 - 00 - 3
Glasgow Rangers Escocia    4 - 4(v)Bulgaria Levski Sofía3 - 21 - 2
Werder Bremen Alemaña6 - 3Belarús FC Dynamo Minsk5 - 21 - 1

Oitavos de final

[editar | editar a fonte]
Equipo Local Ida Resultado Equipo Visitante Ida Ida Volta
AS Monaco FC Francia4 - 2Romanía Steaua Bucarest4 - 10 - 1
Lech Poznań Polonia2 - 7 Spartak Moscova1 - 51 - 2
Manchester United FC Inglaterra    3 - 3(v) Galatasaray SK3 - 30 - 0
FC Barcelona España5 - 1Austria FK Austria Viena3 - 02 - 1
AC Sparta Praha Checoslovaquia2 - 5Bélxica R.S.C. Anderlecht0 - 12 - 4
FC Copenhague Dinamarca0 - 7Italia AC Milan0 - 60 - 1
FC Porto Portugal1 - 0Países Baixos Feyenoord Rotterdam1 - 00 - 0
Levski Sofía Bulgaria2 - 3Alemaña Werder Bremen2 - 20 - 1

Fase de Grupos

[editar | editar a fonte]
  • Participaron un total de 8 equipos, os gañadores das eliminatorias de oitavos de final.
  • Os dous primeiros clasificados de cada grupo clasificáronse para disputar as semifinais da Liga de Campións.
Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif
1. España FC Barcelona 106420133+10
2. Francia AS Monaco FC 7631294+5
3. Spartak Moscova 56132612-6
4. Galatasaray SK 26024110-9


Xor. Data Estadio Local Visitante Resultado
124 de novembroStade Louis IIAS Monaco FCSpartak Moscova4-1
124 de novembroAli Sami YenGalatasaray SKFC Barcelona0-0
28 de decembroLuzhnikiSpartak MoscovaGalatasaray SK0-0
28 de decembroCamp NouFC BarcelonaAS Monaco FC2-0
32 de marzoStade Louis IIAS Monaco FCGalatasaray SK3-0
32 de marzoLuzhnikiSpartak MoscovaFC Barcelona2-2
416 de marzoAli Sami YenGalatasaray SKAS Monaco FC0-2
416 de marzoCamp NouFC BarcelonaSpartak Moscova5-1
530 de marzoLuzhnikiSpartak MoscovaAS Monaco FC0-0
530 de marzoCamp NouFC BarcelonaGalatasaray SK3-0
613 de abrilStade Louis IIAS Monaco FCFC Barcelona0-1
613 de abrilAli Sami YenGalatasaray SKSpartak Moscova1-2
Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif
1. Italia AC Milan 8624062+4
2. Portugal FC Porto 76312106+4
3. Alemaña Werder Bremen 562131115-4
4. Bélxica RSC Anderlecht 4612359-4


Xor. Data Estadio Local Visitante Resultado
124 de novembroConstant Vanden StockRSC AnderlechtAC Milan0-0
124 de novembroDas AntasFC PortoWerder Bremen3-2
28 de decembroSan SiroAC MilanFC Porto3-0
28 de decembroWeserstadionWerder BremenRSC Anderlecht5-3
32 de marzoConstant Vanden StockRSC AnderlechtFC Porto1-0
32 de marzoSan SiroAC MilanWerder Bremen2-1
416 de marzoDas AntasFC PortoRSC Anderlecht2-0
416 de marzoWeserstadionWerder BremenAC Milan1-1
530 de marzoSan SiroAC MilanRSC Anderlecht0-0
530 de marzoWeserstadionWerder BremenFC Porto0-5
613 de abrilConstant Vanden StockRSC AnderlechtWerder Bremen1-2
613 de abrilDas AntasFC PortoAC Milan0-0

Fase final

[editar | editar a fonte]

Os catro equipos clasificados disputaron as semifinais a partido único para decidi-los dous equipos clasificados para a final de Atenas. Esta mesma eliminatoria enfrontou ó primeiro clasificado do grupo A co segundo do grupo B e viceversa, xogándose nos estadios dos primeiros de cadanseu grupo.

Final
CompeticiónLiga de Campións da UEFA
Tempada1993-94
EstadioEstadio Spyros Louis (Atenas)
Capacidade70.000
CampiónAC Milán
FinalistaFC Barcelona
Resultado4 - 0
Campión


Finalista


  Semifinais Final
             
 
  Italia AC Milán  3  
  Francia AS Mónaco  0  
 
 
      Italia AC Milán  4
    España FC Barcelona  0
 
  España FC Barcelona  3
  Portugal FC Porto  0  

A final da Liga de Campións da UEFA na súa edición 1993-94 disputouse o 18 de maio de 1994 no hoxe Estadio Spiros Louis de Atenas (hoxe reconstruído e chamado Estadio Olímpico de Atenas), diante dunhas 70.000. Era a 2ª vez que este recinto acollía este evento, trala final do ano 1983.

A esta final chegaron o FC Barcelona e o AC Milán, por aquel entón recoñecidos como os dous conxuntos mais potentes do continente. Para o FC Barcelona era a 4ª presenza nunha final da máxima competición europea, cun título no seu palmarés, mentres para o AC Milán aquela era a súa 7ª presenza e xa tiña 4 títulos no seu palmarés. De feito o AC Milán era o subcampión europeo trala derrota na final de 1993.

Os adestradores dos dous equipos eran Fabio Capello e Johan Cruyff.

O elixido para arbitrar esta final da Liga de Campións foi o inglés Philip Don.

O FC Barcelona chegaba á final despois de eliminar o Dinamo de Kíiv en dezaseisavos de final, ó Austria Viena en oitavos de final, de superar ó AS Mónaco, ó Spartak de Moscova e ó Galatasaray SK no grupo A, e despois de eliminar o FC Porto na semifinal por 3 a 0. Pola súa banda, o AC Milán tivo que eliminar o FC Aarau en dezaseisavos de final, ó F.C. København en oitavos de final, de superar ó FC Porto, Werder Bremen e RSC Anderlecht no grupo B, e despois de eliminar o AS Mónaco na súa semifinal por 3 a 0.

O FC Barcelona presentouse en Atenas como favorito para acadar a súa 2º título de campión de Europa. O AC Milán chegaba sen Marco van Basten por unha lesión, ó igual que Gianluigi Lentini, e sen Franco Baresi nin Alessandro Costacurta por sancións. Por outra banda, a limitación de estranxeiros da UEFA obrigou a Johan Cruyff e Fabio Capello a deixar fora a Michael Laudrup e Jean Pierre Papin respectivamente.

O encontro foi totalmente rossonero. Daniele Massaro abriu o marcador no minuto 22 a prol do AC Milán, e marcou o segundo gol no tempo engadido da primeira metade. Na segunda metade o AC Milán marcou outros dous goles, por medio de Dejan Savićević (minuto 47) e Marcel Desailly (minuto 59), deixando un 4-0 no marcador a 30 minutos do final do encontro, que foron estériles.

Este triunfo supuxo a 5ª Copa de Europa da historia do AC Milán.

Máximos goleadores

[editar | editar a fonte]
Xogador Equipo Goles
Bulgaria Hristo StoichkovEspaña FC Barcelona5
Países Baixos Ronald KoemanEspaña FC Barcelona4
Wynton RuferAlemaña Werder Bremen4
Italia Daniele MassaroItalia AC Milan4

A UEFA tan só considera os goles marcados a partir da primeira fase de grupos, e non os das fases clasificatorias.

  1. O Dinamo Tbilisi foi descalificado da competición.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]