Selección de fútbol de Bélxica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bélxica
Actual campión da Copa do Mundo
Actual campión da Eurocopa
Actual campión da Copa de África
Actual campión da Copa América
Actual campión da Copa Ouro
Actual campión da Copa Asiática
Actual campión da Copa das Nacións da OFC
Na casa
Fóra
Asociación URBSFA / KBVB
Confederación UEFA (Europa)
Código FIFA BEL
Alcume Rode Duivels / Diables Rouges / Rote Teufel (Diaños vermellos)
Clasificación FIFA 1 (11 de xuño de 2020)[1]
Clasificación ConIFA {{{Ranking ConIFA}}}
Seleccionador España Roberto Martínez
Máis encontros Jan Vertonghen (118)
Máximo goleador Romelu Lukaku (52)
Estrea internacional
Bélxica Bélxica 3 − 3 Francia (1830-1958) Francia
Bruxelas, Bélxica; 1 de maio de 1904
Maior vitoria
Bélxica Bélxica 9 − 0 Zambia Zambia
Bruxelas, Bélxica; 4 de xuño de 1994
Bélxica Bélxica 10 − 1 San Marino San Marino
Bruxelas, Bélxica; 28 de febreiro de 2001
Bélxica Bélxica 9 − 0 Xibraltar Xibraltar
Liexa, Bélxica; 31 de agosto de 2017
Bélxica Bélxica 9 − 0 San Marino San Marino
Bruxelas, Bélxica; 10 de outubro de 2019
Maior derrota
Inglaterra (afeccionados) Inglaterra 11 − 2 Bélxica Bélxica
Londres, Reino Unido; 17 de abril de 1909
Copa do Mundo
Participacións 13 (primeira en 1930)
Mellor resultado 3º (2018)
Eurocopa
Participacións 6 (primeira en 1972)
Mellor resultado 2º (1980)

A selección de fútbol de Bélxica é a representante futbolística de Bélxica e está baixo o control da Union Royale Belge des Sociétés de Football Association - Koninklijke Belgische Voetbalbond (URBSFA/KBVB), pertencente á UEFA. O equipo belga é coñecido popularmente como os Rode Duivels ou Diables Rouges (Diaños Vermellos en neerlandés e francés, respectivamente) por mor da cor da súa camisola.

Os seus partidos coma local adoitaos xogar no Estadio Rei Balduíno de Bruxelas (en neerlandés: Koning Boudewijnstadion, en francés: Stade Roi Baudouin), antigamente coñecido como Heysel que foi triste teatro da traxedia da final da Copa de Europa entre a Juventus e o Liverpool F.C. o 29 de maio de 1985, cando 39 espectadores morreron durante as disputas entre adeptos de ambos equipos. O estadio foi completamente remodelado.

Bélxica participou nun total de once Mundiais, acanzando o seu mellor posto en México 1986, cando chegaron ás semifinais e acadaron o carto posto, tras ser derrotados nas mesma por Arxentina. Os Diaños Vermellos teñen o récord de asistencias a unha Copa Mundial ininterrompidas por vía de clasificatorias, xa que se clasificou de xeito consecutivo en seis ocasións dende 1982 a 2002. O combinado belga tamén conseguiu bos resultados na Eurocopa, aínda que sen conseguir gañala nunca, sendo o seu mellor posto o subcampionato acadado en Italia 1980. Nos Xogos Olímpicos, Bélxica gañou a medalla de ouro en 1920 cando foi a anfitrioa en Antuerpen. En 1900, un representante belga (a Universidade de Bruxelas) obtivo a medalla de bronce no torneo de exhibición.

Historia[editar | editar a fonte]

Jean-Marie Pfaff

Bélxica xogou o seu primeiro partido oficial o 1 de maio de 1904 nun empate 3-3 fronte a selección de Francia. Con todo, antes dese encontro, unha selección belga xogara xa varios partidos, mais nesa selección xogaban tamén algúns xogadores ingleses, polo que estes non se contabilizan. Por exemplo, Bélxica venceu aos Países Baixos por 8-0 o 28 de abril de 1901 coa axuda dalgúns ingleses. Decidiuse entón que Bélxica xogaría dúas veces ao ano contra os Países Baixos a partir de 1905, polo xeral unha vez en Antuerpen e unha vez en Rotterdam (máis tarde Ámsterdan). Nese momento, o equipo nacional foi elixido por un comité de representantes dos seis ou sete principais clubs.

O equipo foi alcumado os Diaños Vermellos polo xornalista Pierre Walckiers despois da súa vitoria 3-2 sobre os propios Países Baixos en Rotterdam en 1906. O alcume deriva do feito de que dende o principio e até hai pouco, o equipamento era completamente de cor vermella. Durante as seguintes seis décadas, Bélxica estabeleceuse como un sólido equipo de segundo nivel, de cando en cando na carreira por gañar un torneo maior. Unha das vantaxes clave do equipo foi o uso sistemático da trampa do fóra de xogo, unha táctica defensiva desenvolvida na década de 1960 polo R.S.C. Anderlecht e o seu adestrador, o francés Pierre Sinibaldi.

O período de maior éxito comezou cando terminou segundo na Eurocopa 1980, así a década de 1980 e comezos da de 1990 está considerada en xeral a idade de ouro da selección. Baixo a dirección de Guy Thys, quen adestrou a selección durante máis de 100 partidos oficiais, Bélxica estableceu unha reputación de ser un equipo físico, ben organizado, difícil xogar en contra e con rigor na organización do equipo, reforzado por varios xogadores de clase mundial, como o porteiro Jean-Marie Pfaff, o lateral dereito Eric Gerets, o mediocampista Jan Ceulemans, e o volante Enzo Scifo. As actuacións da selección eran ás ás veces pobres contra os equipos de rango inferior, mais case sempre inspiradas contra os mellores equipos. Até hai pouco, como en 2002, aos equipos nacionais de clase mundial non lles gustaba a idea de xogar ante os Diaños Vermellos, nin sequera a seguinte campioa mundial, o Brasil. Así, os belgas case eliminan os suramericanos do mundial. Dende entón, con todo, o equipo foi perdendo nivel e non foi capaz de recuperar a súa reputación pasada.

Despois de fallar na clasificación para o mundial de 2006, feito que ocorría por primeira vez dende 1978, o contrato do adestrador da selección, Aimé Anthuenis, non foi renovado, e decidiuse o 22 de decembro de 2005 que René Vandereycken sería o seu subtituto. Porén, o equipo non mellorou e os Diaños Vermellos baixaron ao posto máis baixo da clasificación da FIFA da súa historia, o 71, en xuño de 2007. Despois de non lograr clasificarse para a Eurocopa de 2008 e ao Mundial 2010, cun pobre rendemento, Vandereycken foi destituído o 7 de abril de 2009. Despois dunha sorprendente perda de 2-1 contra Armenia o 9 de setembro de 2009, Vercauteren renunciou antes do previsto e deu paso ao novo adestrador, Dick Advocaat. Con todo, o 15 de abril de 2010, despois de só seis meses no cargo, Advocaat renunciou no medio de especulacións de que ía converterse no adestrador de Rusia. Os rumores resultaron verdadeiros e Georges Leekens foi anunciado como o próximo seleccionador o 11 de maio de 2010.

Resultados[editar | editar a fonte]

Copa Mundial de Fútbol[editar | editar a fonte]

Ano Fase Posición PX PG PE PP GF GC
Uruguai Uruguai 1930 Primeira fase 11° 2 0 0 2 0 4
Italia Italia 1934 Primeira fase 15° 1 0 0 1 2 5
Francia Francia 1938 Primeira fase 12° 1 0 0 1 1 3
Brasil Brasil 1950 Retirouse
Suíza Suíza 1954 Primeira fase 12° 2 0 1 1 5 8
Suecia 1958 Non se clasificou
Chile Chile 1962
Inglaterra Inglaterra 1966
México 1970 Primeira fase 10° 3 1 0 2 4 5
Alemaña Alemaña 1974 Non se clasificou
Arxentina 1978
España España 1982 Segunda fase 10° 5 2 1 2 3 5
México 1986 Semifinais 7 2 2 3 12 15
Italia Italia 1990 Oitavos de final 11° 4 2 0 2 6 4
Estados Unidos 1994 Oitavos de final 11° 4 2 0 2 4 4
Francia Francia 1998 Primeira fase 19° 3 0 3 0 3 3
Corea/Xapón 2002 Oitavos de final 19° 4 1 2 1 6 7
Alemaña Alemaña 2006 Non se clasificou
Suráfrica 2010
Brasil 2014 Cuartos de final 5 4 0 1 6 3
Rusia 2018 Semifinais 7 6 0 1 14 6
Total - 18° 36 10 9 17 46 63

Eurocopa[editar | editar a fonte]

Ano Fase Posición PX PG PE PP GF GC
Francia Francia 1960 Non participou
España España 1964 Non se clasificou
Italia Italia 1968
Bélxica Bélxica 1972 Semifinais 2 1 0 1 3 3
Iugoslavia Iugoslavia 1976 Non se clasificou
Italia Italia 1980 Subcampión 3 1 2 1 4 4
Francia Francia 1984 Primeira fase 3 1 0 2 4 8
Alemaña Alemaña 1988 Non se clasificou
Suecia 1992
Inglaterra Inglaterra 1996
Bélxica Países Baixos Bélxica/P. Baixos 2000 Primeira fase 12° 3 1 0 2 2 5
Portugal Portugal 2004 Non se clasificou
Austria Suíza Austria/Suíza 2008
Polonia Ucraína Polonia/Ucraína 2012
Francia Francia 2016 Cuartos de final 5 3 0 2 9 5
Total - 14° 12 4 2 6 13 20

Xogos Olímpicos[editar | editar a fonte]

Xogadores[editar | editar a fonte]