Venancio González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Venancio González
Información persoal
Nacemento 1914
Lugar de nacemento Ribadavia
Falecemento 25 de marzo de 1978
Posición dianteiro
editar datos en Wikidata ]

Venancio González Iglesias, nado en Ribadavia en 1914 e finado o 25 de marzo de 1978, foi un futbolista galego, que xogaba na demarcación de extremo, coñecido co alcume de "Capitán Veneno".

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tras pasar polo equipo da capital do Ribeiro e polo CD Ourense, en 1933 ficha polo Celta de Vigo. Neste equipo permaneceu 12 tempadas, xogando 162 encontros e sendo peza clave no ascenso a Primeira División de 1936.