José Mesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Mesa
Información persoal
Nacemento 31 de marzo de 1915
Lugar de nacemento As Palmas de Gran Canaria
Falecemento 16 de febreiro de 1974
Lugar de falecemento Marbella
Posición defensa
editar datos en Wikidata ]

José Mesa Suárez, nado nas Palmas de Gran Canaria o 31 de marzo de 1915 e finado en Marbella o 16 de febreiro de 1974, foi un futbolista que xogaba na demarcación de defensa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1934 fichou polo Athletic Club de Madrid, que trala fusión co Aviación Nacional en 1939 pasou a chamarse Atlético de Madrid. Co club madrileño disputou 109 encontros en Primeira División, proclamándose campión de Liga en dúas ocasións

En 1945 fichou polo Celta de Vigo, dirixido por Károly Plattkó. Pepe Mesa militou catro tempadas en Vigo, das cales a de máis éxito foi a das vodas de prata do club, na que se proclamou subcampión da Copa de España e rematou a Liga no cuarto posto.

Ao remate da tempada 1948-49, Mesa deixa Vigo tras disputar 76 encontros en Primeira División.

Campionatos nacionais[editar | editar a fonte]

Título Club Ano
Liga española de fútbol Atlético de Madrid 1939-40
Liga española de fútbol Atlético de Madrid 1940-41
Copa Eva Duarte Atlético de Madrid 1940-41

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]