José Benito Bermejo González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Benito Bermejo González
Biografía
Nacemento19 de agosto de 1925 Editar o valor em Wikidata
Dacón, España Editar o valor em Wikidata
Morte18 de maio de 1973 Editar o valor em Wikidata (47 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Deportivo da Coruña
- Real Club Celta de Vigo Editar o valor em Wikidata

José Benito Bermejo González, máis coñecido como Bermejo, nado en Dacón (Amarante, Maside) o 19 de agosto de 1925 e finado o 18 de maio de 1973, foi un futbolista galego que xogaba na demarcación de centrocampista, porén xogou na maior parte das posicións.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ficha polo Celta de Vigo en 1945, porén ante a gran competencia no equipo de xogadores como Pahiño, Hermidita ou Aretio foi cedido ao Deportivo da Coruña como parte da pase do gardameta Francisco Simón ao Celta.

Ao ano seguinte volve a Vigo baixo as ordes de Ricardo Zamora na que sería a súa mellor tempada no Celta, disputando 19 encontros e anotando dous goles. Co paso dos anos o peso do xogador ourensán foise reducindo, disputando so oito encontros nas últimas tres tempadas. Finalmente deixou o club no verán de 1952, despois de 37 encontros e 3 goles.

Na súa estancia en Vigo formou parte do equipo da tempada 1947/48 na que rematou o campionato ligueiro na cuarta posición e chegou ata a final da Copa do Rei.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]