Wenzhou
Coordenadas: 28°00′N 120°42′L / 28.000, -120.700
Wenzhou (chinés simplificado: 温州市; chinés tradicional: 溫州市; pinyin: Wēnzhōu Shì) é unha cidade da China a carón do Mar de Leste da China no sur da provincia de Zhejiang.
Xeografía[editar | editar a fonte]
Situada á beira do río Ou na súa foz, é un importante porto de entrada e saída do interior montañoso da provincia (moitos emigrantes chineses en occidente proceden desta zona). A municipalidade conta con 9.122.100 habitantes (censo de 2010) en 11.784 km², sendo 3.039.500 da urbe de seu. Xunto as próximas Rui'an e Yueqing conforman unha aglomeración de máis de cinco millóns de habitantes.
Coñecida dende a antigüidade pola súa cerámica, recibiu o seu nome actual no 675. Foi un dos poucos portos baixo control chinés durante a ocupación xaponesa.