Fuzhou
Coordenadas: 26°04′34″N 119°18′23″L / 26.07611, -119.30639
Fuzhou | |
---|---|
福州市 | |
Localización | |
País | ![]() |
Provincia | Fujian |
Xeografía | |
Superficie | 12.177 km² |
Demografía | |
Poboación | 7 200 000 hab. (2011) |
Densidade | hab/km² |
Outros datos | |
Código postal | 350000 |
Alcalde | Yang Yimin |
Páxina oficial |
Fuzhou é unha cidade da República Popular da China, capital da provincia suroriental de Fujian. Situada na foz do río Min no estreito de Taiwán do Mar do Leste da China é un porto importante dende época antiga. Conta cunha poboación metropolitana de preto de 3 500 000 de habitantes (2010 censo; 7 115 370 na municipalidade de 12.177 km2).
Nun área poboada dende o neolítico e posteriormente polos pobos Yue (Min Yue), foi fundada no 202 antes da nosa era, na época Han, coma cidade amurallada co nome de Ye e renomeada coma Fuzhou no 725. Aberta ao mercado exterior en 1842 despois da primeira guerra do opio converteuse no principal porto da exportación do té. Trala independencia de Taiwán a cidade declinou ata o seu desenvolvemento industrial despois da conexión ferroviaria co norte do país (1958). Dende 1984 coa súa declaración coma zona económica aberta os investimentos estranxeiros estase a converter nunha moderna metrópole.
![]() |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |