Peroné
Aparencia
Peroné | |
---|---|
fibula ![]() | |
![]() | |
Subclase de | óso longo, entidade anatómica particular, óso endocondral e bones of free part of lower limb (en) ![]() ![]() |
Parte de | bones of free part of lower limb (en) ![]() ![]() |
Conéctase con | tibia, astrágalo e crural fascia (en) ![]() ![]() |
Composto por
| |
Fontes e identificadores | |
MeSH | D005360 ![]() |
Thesaurus do NCI | C12718 ![]() |
Terminologia Anatomica 98 | A02.5.07.001 |
Descrito pola fonte
| |
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
O peroné ou fíbula[1] é un óso longo da parte externa da perna. Posúe unha epífise proximal, diáfise e epífise distal.
Estrutura e insercións musculares
[editar | editar a fonte]- Epífise proximal: posúe unha apófise ósea e unha superficie articular pequena. Presta inserción ó músculo bíceps crural e o ligamento lateral externo do xeonllo na apófise; e ó músculo sóleo e peroneo lateral longo nesa superficie.
- Diáfise: tres superficies e tres bordos.
- Superficie posterior: insírese o sóleo no terzo superior, o tibial posterior e os flexores dos dedos comúns e I dedo no terzo medio. No terzo inferior achamos os músculos peroneos laterais longo e curto, que só pasan por aquí, non se insiren
- Superficie interna: hai febras de inserción do tibial anterior.
- Superficie externa: insírense os peroneos laterais longo e curto.
- Bordo anterior: moi afiado, sen insercións importantes.
- Bordo interno: permite a inserción do ligamento interóseo.
- Bordo externo: permite a inserción do tabique osteofibrótico externo.
- Epífise distal: o peroné remata no maléolo peroneo, que se artellará co astrágalo. Este maléolo permite a inserción do ligamento lateral externo do nocello.
Articulacións do peroné
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Dicionario Ir Indo