PBC CSKA Moscova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
CSKA
Información xeral
Liga VTB United League
Euroliga
Alcume O Exército Vermello
Fundación 23 de abril de 1923
Cores           Vermello, azul
Presidente Andrey Vatutin
Adestrador Macedonia do Norte Emil Rajković
Patrocinador Aeroflot
Vestimenta Nike
Localización
Cidade Moscova, Rusia
Pavillón CSKA Sports Hall
Capacidade 5.500
Inauguración 1979
Campionatos
Euroliga 8 (1961, 1963, 1969, 1971, 2006, 2008, 2016, 2019)
Tripla coroa 1 (2006)
Liga URSS 24 (1945, 1960-62, 1964–66, 1969–74, 1976–84, 1988, 1990)
Liga Rusia 25 (1992–2000, 2003–2018)
Liga VTB 9 (2008, 2010, 2012–2018)
Copa URSS 3 (1972, 1973, 1982)
Copa Rusia 4 (2005, 2006, 2007, 2010)
cskabasket.com

O PBC CSKA Moscova (en ruso: ПБК ЦСКА Москва) é un club profesional de baloncesto ruso con sede na cidade de Moscova, capital do país. No presente xoga na VTB United League, competición formada polos principais clubs da Europa Oriental e na Euroliga. O club é coñecido en Occidente como o "Exército Vermello" pola súa relación no pasado co exército da Unión Soviética.

O CSKA gañou dous títulos da Euroliga, máximo galardón do baloncesto europeo, entre 2006 e 2009, chegando á final os catro anos. En 2006, venceron aos daquela actuais bicampións Maccabi Tel Aviv; perdeu na final de 2007 por tan só dous puntos fronte ao Panathinaikos, en 2008, gañaron de novo fronte ao Maccabi e en 2009 perderon de novo ante o Panathinaikos. Posteriormente volverían conseguir o título en 2016, vencendo na final ao Fenerbahçe. O club ten o récord de participacións consecutivas na Final Four con oito (2003-2010).

Algúns dos xogadores máis coñecidos que vestiron a camisola vermella ao longo dos anos son: Andrei Kirilenko, Darius Songaila, Gordan Giriček, Alexander Volkov, Sergei Belov, Vladimir Tkachenko, Dragan Tarlac, Marcus Brown, Ramūnas Šiškauskas, Theodoros Papaloukas, Nenad Krstic ou Miloš Teodosić. Logo de moitos anos, o CSKA ten reputación de ser un dos clubs máis ricos de Europa.

Historia[editar | editar a fonte]

O CSKA Moscova foi o grande dominador do baloncesto soviético, gañando a Liga da URSS en vinte e catro ocasións. Unha vez desintegrada a Unión Soviética, converteuse no dominador indiscutible da agora coñecida como Professional'naya basketbol'naya liga (ПБЛ, máxima competición do baloncesto ruso), gañándoa nove tempadas consecutivas entre 1992 e 2000 e iniciando un novo ciclo dende o 2003 ata 2011, dezaoito en total. Ademais conseguiron nos últimos anos gañar dúas edicións da Euroliga, chegando tamén varias veces á final.

Aos comezos CSKA soubo aproveitar a súa vinculación co exército vermello e fichou a tódolos xogadores que lle interesaron. Calquera xogador podía ser militarizado e se se militarizaba a un baloncestista era, por suposto, porque as súas características interesaban ao equipo do exército. A súa cabeza visible foi, durante moitos anos, un coronel que exercía de adestrador. Licenciado do Instituto Militar da Cultura Física de Leningrado (actual San Petersburgo) en 1952, Alexander Gomelski estivo vencellado toda a súa carreira aos clubs do ministerio de Defensa. Entre 1953 e 1966 foi adestrador do ASK Riga e en 1966 tomou o mando do CSKA, club que baixo o seu mando se converteu nun dos mellores equipos de Europa e que se fixo parte inalienable da vida do coronel-adestrador, quen en 1997 foi nomeado coma o seu presidente. Durante esa época o CSKA gañaou até en catro ocasións a Copa de Europa (actual Euroliga): 1961, 1963, 1969 e 1971.

Os anos 2000 significaron o retorno do CSKA Moscova á elite do baloncesto europeo: entre o 2001 e o 2010 participou en nove ocasións na "Final Four", conseguindo o título en 2006 e 2008. No 2001 disputou a "Final Four" da Suproliga, e nos anos 2003, 2004 e 2005 repetiu participación na "Final Four" da Euroliga. A tempada 2004-05 estivo moi preto do título: gañou tódolos partidos das diferentes fases da Euroliga excepto un (en Moscova fronte ao FC Barcelona), e se clasificou para disputar a "Final Four", organizada na súa propia cidade, mais perdeu a semifinal ante o Tau Cerámica, e o partido polo terceiro e cuarto posto ante o Panathinaikos. A campaña seguinte, 2005-06, os moscovitas resarcíronse e conquistaron a Euroliga na "Final Four" de Praga, dirixidos polo base grego Theodoros Papaloukas.

Ao ano seguinte perderían na final ante o Panathinaikos por tan só dous puntos de diferenza, 93 a 91, pese aos 23 puntos e oito asistencias de Papaloukas. Con todo ao ano seguinte revalidarían o título vencendo ao Maccabi Tel Aviv na final do Pazo de Deportes da Comunidade de Madrid de 2008. En 2009 repetirían final fronte ao Panathinaikos perdendo de novo por tan só dous puntos de diferenza, 73 a 71. En 2010 o CSKA volve a xogar a Final Four, aínda que esta vez non chegaría á final tras perder na semifinal contra o Regal FC Barcelona. No partido polo terceiro posto vencerían ao Partizan de Belgrado 90 a 88. Na tempada 2011 acabaría a súa racha de participacións consecutivas na Final Four tras quedar de último do seu grupo con tan só tres vitorias na primeira fase.

Xogadores[editar | editar a fonte]

Cadro actual[editar | editar a fonte]

PBC CSKA Moscova 2021−2022
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso Procedencia
B 1 Dinamarca Lundberg, Gabriel 1,93 m (6 ft 4 in) 92 kg (203 lb) Zielona Góra (2021)
AP 3 Ucraína Bolomboy, Joel 2,06 m (6 ft 9 in) 105 kg (231 lb) Milwaukee Bucks (2018)
B 4 Khomenko, Alexander 1,92 m (6 ft 4 in) 85 kg (187 lb)
E 7 Ukhov, Ivan 1,93 m (6 ft 4 in) 76 kg (168 lb) Parma Basket (2018)
P 8 Ivlev, Vladimir 2,07 m (6 ft 9 in) 102 kg (225 lb) Parma Basket (2021)
B 10 Italia Hackett, Daniel 1,98 m (6 ft 6 in) 96 kg (212 lb) Brose Bamberg (2018)
AP 11 Antonov, Semyon 2,02 m (6 ft 8 in) 104 kg (229 lb) Nizhny Novgorod (2016)
P 17 Alemaña Voigtmann, Johannes 2,11 m (6 ft 11 in) 115 kg (254 lb) Baskonia (2019)
A 21 Clyburn, Will 2,01 m (6 ft 7 in) 95 kg (209 lb) Darüşşafaka Doğuş (2017)
AP 23 Shengelia, Tornike 2,06 m (6 ft 9 in) 109 kg (240 lb) Baskonia (2020)
AP 28 Lopatin, Andrey 2,08 m (6 ft 10 in) 92 kg (203 lb)
P 33 Milutinov, Nikola 2,13 m (7 ft 0 in) 116 kg (256 lb) Olympiacos (2020)
AP-P 35 Faried, Kenneth 2,03 m (6 ft 8 in) 100 kg (220 lb) Leones de Ponce (2021)
E 40 Lituania Grigonis, Marius 1,98 m (6 ft 6 in) 93 kg (205 lb) Žalgiris Kaunas (2021)
A 41 Kurbanov, Nikita 2,02 m (6 ft 8 in) 99 kg (218 lb) Lokomotiv Kuban (2015)
E 91 Shved, Alexey 1,98 m (6 ft 6 in) 86 kg (190 lb) Khimki (2021)
Adestrador
  • Grecia Dimitrios Itoudis
Asistente(s)
  • España Darryl Middleton
  • Grecia Andreas Pistiolis
  • Anton Yudin
Director deportivo
  • Alexander Gugunishvili

Lenda
  • (C) Capitán
  • Lesionado Lesionado

Cadro
Actualizado: 10-10-2021

Palmarés[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]