Unión Deportiva Las Palmas Atlético

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Las Palmas Atlético
NomeUnión Deportiva Las Palmas Atlético
Fundación1941
EstadioAnexo do Estadio Gran Canaria,
As Palmas, España
Capacidade500
PresidenteEspaña Miguel Ángel Ramírez
AdestradorEspaña Víctor Afonso
Liga2ªB – Grupo 1
2012–13 (3ª – Grupo 12)
Páxina webPáxina web
Na casa
Fóra

A Unión Deportiva Las Palmas Atlético é un club de fútbol español da cidade de Las Palmas, nas Illas Canarias. Foi fundado en 1941 e trátase do equipo filial da UD Las Palmas. Actualmente xoga na Segunda División B, logo de ascender na tempada 2012/13.

Historia[editar | editar a fonte]

O Las Palmas Atlético foi fundado como tal en 1977 cando consegue o seu primeiro ascenso a Terceira División, aínda que desde 1941 existen precedentes de filiais, cando se fundou como Unión Atlética. En 1958 pasou a chamarse Las Palmas Aficionado.[1]

O equipo militou sempre entre a divisións Terceira e Segunda B, á que ascendeu por primeira vez en 1979, permanecendo tres tempadas consecutivas.

Na tempada 1984/85 alcanzou a final da Copa da Liga de Terceira División, que lle enfrontou á Unión Balompédica Conquense. Tras derrotar como local ao equipo de Cuenca por 2-0, caeu por 4-1 na prórroga do partido de volta.

O último ascenso produciuse na tempada 2007/08. Nesa mesma tempada recuperouse a denominación Las Palmas Atlético, en lugar de Las Palmas B que levaba desde 1991. Na tempada 2008/09 acabou no posto 16 debendo xogar unha eliminatoria de permanencia, que ao ser derrotado polo Sporting de Gijón B, devolveu ao equipo a Terceira División.

Na tempada 2012/13 quedou primeiro do grupo canario de Terceira División e xogou a eliminatoria de ascenso a Segunda División B contra o equipo asturiano CD Tuilla, ao que gañou por un global de 4-1.

Uniforme[editar | editar a fonte]

  • Uniforme titular: Camiseta amarela, pantalón e medias azuis.
  • Uniforme alternativo: Camiseta, pantalón e medias negras.

Datos do club[editar | editar a fonte]

Historial na liga[editar | editar a fonte]

Tempada Categoría Posto
1941–77 Rexional
1977/78
1978/79
1979/80 2ªB
1980/81 2ªB 12º
1981/82 2ªB 20º
1982/83
1983/84
1984/85
1985/86
1986/87
1987/88 2ªB 17º
1988/89
1989/90
1990/91 2ªB 20º
1991/92
1992/93
1993/94
1994/95
Tempada Categoría Posto
1995/96
1996/97
1997/98
1998/99
1999/00
2000/01
2001/02 13º
2002/03
2003/04
2004/05 10º
2005/06 13º
2006/07
2007/08
2008/09 2ªB 16º
2009/10
2010/11
2011/12
2012/13
2013/14 2ªB

Palmarés[editar | editar a fonte]

Torneos nacionais[editar | editar a fonte]

Torneos amigables[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O filial: viveiro do fútbol canario Historia del Fútbol Canario.com

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]