Estadio Municipal de El Plantío
| Estadio Municipal de El Plantío | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Burgos | |||||||
|
Instancia de
| |||||||
|
Deporte
| |||||||
| Persoas e organizacións | |||||||
|
Ocupante
| |||||||
|
Propietario/a
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||
O Estadio Municipal de El Plantío é o estadio de fútbol da cidade de Burgos. Neste estadio disputa os partidos o equipo da cidade, o Burgos CF. Tamén é sede do Real Burgos.
Historia
[editar | editar a fonte]Sitúase a escasos metros do río Arlanzón. Forma parte do complexo deportivo máis importante da cidade, xunto a outras instalacións deportivas como a praza de touros, as piscinas municipais e o polideportivo.
O estadio ten as seguintes localidades de asento:
- Fondo Norte
- Fondo Sur
- Tribuna
- Lateral
Ten unha capacidade de 12.200 espectadores unha vez suprimidas as localidades de pé e á dotación do estadio de asentos no verán de 1991. As dimensións son de 105 x 70, converténdose nun dos campos máis grandes en superficie de xogo de España; chegando as bancadas a pé de campo.
Foi estreado oficialmente o 13 de setembro de 1964 nun partido de liga ante o Indautxu, sendo o resultado de 2-0 para o equipo burgalés. En 1977 engadíronselle os fondos norte e sur e en 1987 reformáronse os baixos e os vestiarios.
Partidos internacionais
[editar | editar a fonte]O Estadio Municipal de El Plantío nunca albergou partidos da selección española absoluta, en cambio si que acolleu 3 partidos da selección española sub-21:
Partidos amigables
[editar | editar a fonte]| España sub-21 | 1–2 | Inglaterra sub-21 | 18 de febreiro de 1987 Asistencia: 10.000 Árbitro: Joaquín Ramos Marcos (España) |
| Dadie |
Rocastle Cottee | ||
| España sub-21 | 0–1 | Inglaterra sub-21 | 8 de setembro de 1992 Asistencia: 10.000 Árbitro: José Enrique Rubio Valdivieso (España) |
| Anderton | |||
Partidos oficiais
[editar | editar a fonte]No estadio xogouse un partido de clasificación para a Eurocopa Sub-21 de 1998:
| España | 4–0 | Chequia | 7 de xuño de 1997 Asistencia: 10.000 Árbitro: Metin Tokat (Turquía) |
| Víctor De Paula Roger Felipe |
|||
