Saltar ao contido

Heroínas de Sálvora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O vapor Santa Isabel nas rías galegas.
En primeiro plano, Carreira e Aguiño. Ó fondo, a Illa de Sálvora.

Heroínas de Sálvora é a denominación coa que foron recoñecidas Josefa Parada, Cipriana Oujo Maneiro e María Fernández Oujo,[1] que na altura tiñan entre 14 e 24 anos de idade, polo salvamento marítimo de 58 persoas no naufraxio do buque correo Santa Isabel en 1921.[2]

O 2 de xaneiro de 1921 o buque correo Santa Isabel partiu pola noite na bocana da ría de Arousa, preto da illa de Sálvora. No naufraxio morreron afogadas 213 persoas e 58 foron salvadas pola intervención das heroínas de Sálvora. Salváronas cunha dorna en catro viaxes moi penosas.[2][3]

Recoñecemento

[editar | editar a fonte]

Foron obxecto de homenaxes e recoñecementos aínda que tamén de calumnias.[2] En 2019 comezou un proxecto para levar ao cine a súa historia.[4] O ano seguinte estreouse o filme, titulado A illa das mentiras[5] e dirixido por Paula Cons.[6] En 2024 déronlle o seu nome a un buque de salvamento marítimo.[7]


  1. De Santos, Ágatha (16/02/2019). "El ´Titanic´ gallego pone proa al cine". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 24/09/2019. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Sánchez, Paco (15/12/2008). "Las heroínas de Sálvora". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 24/09/2019. 
  3. "O naufraxio do Santa Isabel en Sálvora I". Cíes. 2019-05-07. Consultado o 2019-09-24. 
  4. "La hazaña de las heroínas de Sálvora será llevada al cine". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-01-30. Consultado o 2019-09-24. 
  5. Trailer oficial do filme.
  6. «La isla de las mentiras», de Paula Cons, se estrenará el 24 de julio en Filmin" (en castelán)
  7. "O buque máis moderno de Salvamento Marítimo honra as catro 'Heroínas de Sálvora' que rescataron 56 persoas nas súas dornas". Praza Pública. 2024-07-06. Consultado o 2024-07-07. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]