Joaquín Otero Goyanes
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Joaquín Otero Goyanes | |
---|---|
Nacemento | 25 de abril de 1905 |
Lugar de nacemento | Santiago de Compostela |
Falecemento | 16 de abril de 1991 |
Lugar de falecemento | Madrid |
Nacionalidade | España |
Ocupación | militar, emprendedor e xurista |
Pai | Joaquín Otero Bárcena |
Premios | Gran Cruz del Mérito Militar con distintivo blanco |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Joaquín María Otero Goyanes, nado en Santiago de Compostela o 25 de abril de 1905 e finado en Madrid o 16 de abril de 1991, foi un militar e empresario galego, marqués de Revilla.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Joaquín Otero Bárcena. Licenciado en Filosofía e Letras, incorporouse á carreira militar. Loitou co bando nacionalista na Guerra Civil española e fíxose cargo da presidencia da deputación da Coruña trala súa disolución o 27 de xullo de 1936. Ademais, participou como fiscal en diversos procesos a militares e civís republicanos. A súa carreira militar proseguiu como fiscal e xuíz, e acadou o grao de xeneral auditor.
Como empresario, no ano 1944 fundou Metalúrgicas del Noroeste, unha empresa con sede en Vilagarcía de Arousa que se dedicou á extracción e explotación de volframio e posteriormente estaño en diversos países do mundo, foi dono de Minerales Compostela, e no ano 1961 fundou a conserveira Frigoríficos del Noroeste, hoxe Frinsa.
Ademais, e como terratenente, herdou da súa familia numerosas terras e entre elas as da illa de Sálvora, que foi completada en 1958 cando recibiu a cesión da propiedade da illa por parte do estado, en réxime de usufruto, por valor de 99 anos.
Predecesor: José López Bouza |
![]() Presidente da Deputación da Coruña 1936 - 1937 |
Sucesor: Antonio Sánz Fernández |
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou dúas veces. A primeira con María Ángeles Fernández-Victorio Canoura (1915-1940), con quen tivo un fillo, Joaquín Otero Fernández-Victorio (1938) e enviuvou sendo novo. A segunda fíxoo con María Soledad de Zuleta de Reales y Carvajal (1921-1999), marquesa de Revilla, e accedeu ao marquesado, con quen tivo dous fillos máis, Francisco de Borja (1947) e Diego de Alcalá (1949) Otero de Zuleta-Reales. Actualmente é o seu segundo fillo, quen ostenta o marquesado de Revilla.
Galardóns[editar | editar a fonte]
- Cabaleiro da Orde de Malta.