Manuel Hernández y Álvarez Reyero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Hernández y Álvarez Reyero
Nacemento17 de marzo de 1864
 León
Falecementoséculo XX
 Cáceres
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónarquitecto
editar datos en Wikidata ]

Manuel Hernández y Álvarez Reyero, nado en León o 17 de marzo de 1864 e finado en Cáceres no século XX, foi un arquitecto español vinculado á arquitectura civil da cidade de Santiago de Compostela.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Arquitectura en Madrid, rematando en 1892. Radicouse en Santiago de Compostela[1], e despois traballou en León e Astorga.

A transición da arquitectura de comezos dos século XX cada ao modernismo corresponde en gran medida a Manuel Hernández y Álvarez Reyero, que exerceu como arquitecto municipal entre 1899 e 1910. Un importante número de vivendas da época asinadas por el mostran un estilo ecléctico e gusto modernista. Exemplos claro son a vivendas do número 17 da rúa do Castro na esquina coa Travesa da Universidade, de 1906 (aínda en pé), e tamén a do número 8 da rúa do Hórreo, de 1909 (hoxe derrubada).[2] Seu foi tamén o deseños do pavillón destinado a acoller o Centro Galego da Habana na cidade durante a celebración da Exposición Rexional de 1909.[3].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Resumen de Arquitectura. Revista de la Sociedad Central de Arquitectos, nº 2, do 1 de febreiro de 1899, páx. 23 (en castelán).
  2. Anuario Brigantino, 2009, nº 32, páx. 353 (en castelán).
  3. Gallaecia Fvlget: (1495-1995): cinco séculos de historia universitaria, Universidade de Santiago, 1995, páx. 462