Hemse
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Suecia | ||||
Condado | provincia de Gotland | ||||
Concello | Gotland ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.752 (2023) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 229 ha ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Hemse é unha área urbana (tätort) no condado de Gotland situado a uns 50 quilómetros ao sur de Visby. Hemse é a segunda localidade máis grande da illa tras a capital con 1 766 habitantes no ano 2020, sendo o principal núcleo de poboación do sur de Gotland.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Hemse é o nome da localidade que rodea a igrexa medieval de Hemse[1], area que tamén é coñecida como Hemse kyrkby. Tamén é o nome do socken e do distrito na que está situada. Hemse atópase na parte central do sur de Gotland, sendo un importante nó de comunicacións nesta parte da illa. A estrada 142, que une Visby e Burgsvik, atravesa a localidade de norte a sur, e a 141 únea con Klintehamn no leste.
Historia
[editar | editar a fonte]A presente igrexa de Hemse é un edificio de estilo románico construído principalmente durante o século XIII.[1] Esta igrexa ergueuse sobre unha igrexa de madeira previa que se trata da stavkirke mellor conservada de Suecia e atópase no presente no Museo Histórico de Estocolmo.[2]
No ano 1863 estableceuse unha oficina de correos na localidade, e en 1878 inaugurouse a liña de ferrocarril entre Hemse e Visby. En 1876 creouse a Gotlands läns folkhögskola no socken de Atlingbo, pero en 1881 esta trasladouse a Hemse, pasando a chamarse Gotlands folkhögskola. Ata o ano 1891 os seus estudos impartíanse en locais prestados pero ese ano construíuse un edificio propio que no presente aínda é parte da institución.[3]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Igrexa medieval de Hemse
-
Antiga estación de tren
-
Folkhögskola
-
Plano da localidade
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Lagerlöf, Erland (1984). Gotlands kyrkor : en vägledning (3., omarb. uppl ed.). Stockholm: Rabén & Sjögren. ISBN 91-29-41035-5. OCLC 12138387.
- ↑ "Hemse kyrka". www.guteinfo.com. Consultado o 2021-09-13.
- ↑ "Det här är Gotlands folkhögskola - Gotlands Folkhögskola". gotlandsfolkhogskola.se. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2021. Consultado o 2021-09-13.