Púlpito
Púlpito[1] é a plataforma pequena e elevada, nunha igrexa, desde a que o eclesiástico predica ou dirixe os rezos. Tamén recibe o nome de cátedra do Espírito Santo[2].
Ambón é cada un dos dous púlpitos das antigas igrexas cristiás, situados aos dous lados do altar maior usados para proclamar as Lecturas.
Dispoñen de antepeito ou peitoril e dosel de resonancia ou baldaquino superior. Os púlpitos utilizáronse nas primitivas igrexas ou basílicas chamándose precisamente ambóns. Dispoñíanse á entrada do coro a xeito de tribuna rectangular sobre unha plataforma de pouca elevación, á cal se subía por bancadas laterais e neles cantábase a epístola e mailo Evanxeo nas Misas solemnes e anunciábanse ao pobo as festas. Os ambóns continuaron con maior ou menor amplitude e elevación até o século XIV no que se foi adoptando o actual sistema de púlpitos, os cales na época oxival e o período plateresco tenden máis á forma hexagonal con enfeites en todas as épocas con elementos propios do estilo en curso. O dosel de resonancia utilízase dende o século XVI.[3]
Áchanse achegados ao altar, xeralmente acaroados a un dos soportes da nave principal do templo. Actualmente úsanse pouco, pois as normas litúrxicas vixentes recomendan que a homilía, como parte integrante da Misa, dígase dende o presbiterio, xunto ao altar.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
Púlpito na Catedral de Santiago de Compostela.
Púlpito gótico de Nicola Pisano na Catedral de Siena (Italia).
Un púlpito moderno na candea dunha igrexa presbiteriana en California
Púlpito na capela do Scotch College en Melbourne
Púlpito exterior de Giovanni da Capistrano, Viena Austria
Púlpito en Jakobskirken, Roskilde, Dinamarca.
Púlpito polícromo do barroco serodio na igrexa dos Santos Filipe e Xacobe, Bergatreute
Púlpito de Henrique II (1014) na Catedral de Aquisgrán, Alemaña
Púlpito na antiga igrexa de Enånger en Suecia
Púlpito de terracota en Pieve delle Sante Flora e Lucilla en Santa Fiora, Italia
Púlpito de pedra na Igrexa de San Bertomeu en Pantano Pistoia Italia
Púlpito de pedra na catedral de Worcester Reino Unido
Púlpito barroco na Catedral de Amiens, Francia
Púlpito barroco novohispano de madeira da Basílica de San Xosé e Nosa Señora do Sagrado Corazón, na Cidade de México, México
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ {{Cita web |url=http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?id=1164660&sinom=0 |título=Denominación e definición en galego en Portal das Palabras da [[RAG |data-acceso=21 de outubro de 2014 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20141021114546/http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?id=1164660&sinom=0 |dataarquivo=21 de outubro de 2014 |urlmorta=yes }}
- ↑ Dicionario visual da construción, Santiago de Compostela, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 2004
- ↑ Arqueología y bellas artes, de 1922, de Francisco Naval y Ayerbe