Saltar ao contido

Les Parapluies de Cherbourg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Les Parapluies de Cherbourg
Imaxe
 Instancia de
 Título
Les Parapluies de Cherbourg (fr) Editar o valor en Wikidata
Características
 Cor
 Formato de distribución
 Tema principal
 Ambientado en
 Lingua orixinal
Implicados
 Produtor/a
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
3 de febreiro de 1964 (Stockholm International Film Festival (en) Traducir)
26 de febreiro de 1966 (República Democrática Alemá)
19 de febreiro de 1964 (Francia)
16 de decembro de 1964 (Estados Unidos de América)
12 de novembro de 1965 (Alemaña do Oeste)
1964 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Premios e distincións
 Nomeamentos
Cifras e dimensións
 Duración
   91 min Editar o valor en Wikidata
 Formato de imaxe
   1.85:1 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
 País de orixe
Códigos e identificadores
ISAN0000-0000-47ED-0000-X-0000-0000-C Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/012h32 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Puntuación da crítica
86/100 Metacritic (30 de agosto de 2025)
97% Rotten Tomatoes (27 de outubro de 2024)
8.8/10 Rotten Tomatoes (5 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt0058450 Filmaffinity: 891194 Allocine: 495 Rottentomatoes: m/the_umbrellas_of_cherbourg_1964 Allmovie: v51641 TCM: 94321 Metacritic: movie/the-umbrellas-of-cherbourg TV.com: movies/the-umbrellas-of-cherbourg Netlix: 1077059 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Les Parapluies de Cherbourg é un filme musical de 1964 producido entre Francia e Alemaña do Oeste[1][2] que foi escrito e dirixido por Jacques Demy, con música e letra de Michel Legrand. Catherine Deneuve e Nino Castelnuovo protagonizan a dous amantes na cidade francesa de Cherbourg, separados polas circunstancias que lles tocou vivir. O diálogo do filme cántase enteiramente como un texto recitativo, incluída a conversación casual, e é cantado ou composto, como algunhas óperas e musicais escénicos.[3] Foi considerado como a parte central dunha "triloxía romántica" informal de Demy cuxos filmes comparten algúns dos mesmos actores, personaxes e aspecto xeral, situándose despois de Lola (1961) e antes de Les Demoiselles de Rochefort (1967).

Les Parapluies de Cherbourg gañou a Palma de Ouro no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 1964. Nos Estados Unidos, estivo nomeado a catro Premios Óscar, incluíndo mellor filme internacional, mellor guión orixinal (Demy) e mellor banda sonora (Demy e Legrand). O tema principal do filme, "Je ne pourrai jamais vivre sans toi", foi nomeado ao Óscar á mellor canción orixinal.

En 2018, unha enquisa de críticos de BBC Culture clasificaron o filme entre os 100 mellor filmes de todos os tempos en lingua non inglesa.[4]

A acción transcorre entre 1957 e 1963. Divídese en tres partes e escenas cronolóxicas.

  • A partida: a viúva Madame Emery e a súa filla Geneviève sobreviven vendendo paraugas na súa corida tenda do porto de Cherburgo. Geneviève está namorada de Guy, un mecánico quen a pouco de coñecela debe partir ao servizo militar na guerra de Alxeria.[5]
  • A ausencia: Geneviève quedou embarazada de Guy. A súa nai ínstaa a casar con Rolando, un rico xoieiro que está namorado dela e desexoso de casar aínda sabendo que espera un fillo doutro home. Casan e múdanse a París.
  • O regreso: Guy regresa. Foi ferido na guerra, traballa brevemente no taller mecánico e casa con Madeleine, a doce enfermeira que coida a tía que o criou e que, a diferenza de Geneviève, o esperou os dous anos que estivo destacado en Alxeria. A tía morre e coa herdanza Guy compra unha estación de servizo.

Na última escena, anos despois, é Nadal, e Guy está felizmente casado, ten un fillo (François) e atende a rica Genevieve na súa estación de servizo. O breve encontro será o último; a nena que acompaña a Geneviève é obviamente a filla de Guy: chámase Françoise. Cada un seguirá a súa vida.[6]

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "Les Parapluies de Cherbourg". Londres: British Film Institute. Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2009. Consultado o 23 de decembro de 2012.
  2. "The Umbrellas of Cherbourg (1964)". BFI (en inglés). Consultado o 2021-07-13.
  3. The Criterion Collection
  4. "The 100 greatest foreign-language films". www.bbc.com (en inglés). Consultado o 2021-07-14.
  5. "YouTube - Les Parapluies de Cherbourg".
  6. "YouTube - Ending of "The Umbrellas of Cherbourg"".

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]